O deputado provincial Jorge Pumar coñeceu hoxe no Pazo Provincial os detalles da proba da man da alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo; e do Club Ciclista de Maceda, Xulio Conde
O Concello de Maceda acollerá a Copa Deputación de Ciclocross na que competirán 250 corredores. O deputado provincial Jorge Pumar, coñeceu hoxe no Pazo Provincial, os detalles desta proba da man da alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo; e do representante do Club Ciclista de Maceda, Xulio Conde.
A proba, puntuable para a Copa Galicia, celebrarase o sábado, 23 de decembro, a partir das 11.00 horas. Os deportistas competirán nun circuíto pechado de 3 quilómetros na contorna do Castelo deseñado especificamente para a ocasión. Ademais, a partir das 12.45 horas volverá a celebrarse unha proba inclusiva que xa na pasada edición tivo “unha boa acollida”, segundo Xulio Conde.
Neste evento deportivo, consolidado logo de 16 anos, é a penúltima proba da Copa Galicia, polo que posiblemente se decidan aos gañadores desta competición autonómica. Haberá corredores de Maceda que competirán polos primeiros postos nas diferentes categorías de Sub23, Sub23, Master 60, Master 50, Master 40, Master 30, Junior, Escuelas, Elite UCI, Elite, e Cadete.