Home Deputacións Deputación Ourense A igrexa de Santa Rita do Barco de Valdeorras acolle o Concerto...

A igrexa de Santa Rita do Barco de Valdeorras acolle o Concerto de Nadal da Real Banda de Gaitas da Deputación

- Anuncio -

O vicepresidente terceiro, Plácido Álvarez; o bispo da Diócese de Ourense, Leonardo Lemos; e o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo, presentaron o concerto deste ano, que terá lugar o 27 de decembro a partir das 18.30 horas 

Este evento tradicional, organizado pola Deputación en colaboración cos bispados de Astorga e Ourense, é un clásico do Nadal da provincia desde 1985 

O vindeiro 27 de decembro, ás 18:30 h, terá lugar o tradicional Concerto de Nadal da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense na igrexa de Santa Rita do Barco de Valdeorras. Este evento foi presentado por parte do vicepresidente terceiro da Deputación, Plácido Álvarez; polo bispo da Diócese de Ourense, Leonardo Lemos; e polo director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo. A Deputación de Ourense, en colaboración cos obispados de Astorga e Ourense, organiza este concerto desde o ano 1985, coincidindo coa posta en marcha da Escola Provincial de Gaitas, coa filosofía de levar as músicas do Nadal a distintas localidades da provincia de Ourense. 

Plácido Álvarez destacou que “un dos valores deste concerto de Nadal é que cada ano celébrase nun punto diferente da provincia de Ourense, algo que nos concellos pequenos celebramos moito. Non obstante hai unha excepción, xa que cada catro anos a cita ten por escenario a catedral de Ourense, e por iso no ano 2026 volverá este concerto ao templo ourensán e será todo un acontecemento emocional e cultural, pois poucos lugares teñen a maxia especial da nosa Catedral”. 

Neste senso, o bispo da Diócese de Ourense, Leonardo Lemos, destacou que “a Real Banda e un dos buques insignia de toda a provincia e do que é a verdadeira ourensanía, pois desde a súa simbiose perfecta coa delegación episcopal para a vida consagrada, conforma a expresión artística do latexo do noso sentimento máis profundo”. Por último, agradeceu á Deputación “por esta realidade cultural tan fermosa que temos na provincia grazas ao seu mecenazgo”.  

No que atinxe á programación do concerto, Xosé Lois Foxo explicou que, como en cada edición, homenaxéase a unha persoa que se distingue na preservación dos cánticos de tradición oral. Nesta ocasión, a persoa honrada será Aurora Lolo Rodríguez de Arnado de Oencia (León). Coa participación de Lucía Pérez e Xabier Vizcaíno así como recoñecidas cantareiras da contorna como Jacinta Fernández Alonso de Lentellais, Isabel González Correira de Arcos de Vilamartín, a violinista Tatiana Kostomarova, así como as Cantoras de Trives, preténdese mostrar toda a tradición musical do tempo de Nadal. 

A Real Banda de Gaitas iniciará a súa actuación coa Marcha Procesional dos Caladiños, pasando por unha suite de música céltica, seis movementos da Égloga Operística Pastora da Serra Sola así como a interpretación escenificada da Historia do Gaiteiriño da Edrada no seu camiño a Belén, incluíndo Ave María de Schubert. Foxo destacou tamén a colaboración do Orfeón Valdeorrés interpretando conxuntamente coa Real a Alborada de Veiga e Himno Galego. O concerto rematará co interpretación do Himno de Ourense. 

Relacionadas

A Deputación avanza nun proxecto piloto para revalorizar os residuos das viñas e reducir...

0
A comarca de Monterrei probará solucións a favor dunha viticultura rexenerativa, no marco dun proxecto cofinanciado con fondos europeos e liderado a través do...

Luis Berardo Araújo releva a Roberto González como portavoz do grupo municipal do PP...

0
●         Luis Berardo Araújo recolle esta encarga con “moitas ganas e ilusión” e Roberto González expresa que este cambio chega por motivos estritamente profesionais, “pero...

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

Publicacións Relacionadas