Home A Coruña Trenor anuncia unha nova actuación no IES de Porto de Son de...

Trenor anuncia unha nova actuación no IES de Porto de Son de 435.000€ o que eleva o investimento comprometido pola Xunta na comarca do Barbanza a 7,2M€

- Anuncio -

 O investimento previsto neste centro é para levar a cabo a substitución da cuberta neste edificio

 Trenor destaca que estas actuacións mellorarán o día a día da comunidade educativa, cun edificio con maior confort térmico

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, anunciou hoxe a licitación dunha nova actuación no IES de Porto de Son de 435.000 euros o que eleva o investimento comprometido pola Xunta de Galicia na comarca do Barbanza a máis de 7,2M€ entre grandes obras, obras menores e a instalación de placas fotovoltaicas.

Trenor subliñou que esta actuación busca “mellorar as condicións xerais do centro, en especial o confort do alumnado e do profesorado e a eficiencia enerxética”. A intervención contempla a substitución da cuberta de 2.279 metros cadrados, a construción dun soportal de acceso ao polideportivo e a renovación da fontanería.

Nunha visita ao instituto, o representante da da Xunta de Galicia explicou que esta actuación se enmarca no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, a folla de ruta do Goberno galego para renovar as instalacións educativas e adaptalas ás necesidades do século XXI.

“Este plan ten entre as súas prioridades mellorar a eficiencia enerxética dos edificios educativos, o que redunda ademais nun maior confort térmico para todos os membros da comunidade escolar”, sinalou o delegado. “Actuacións como esta, de renovación de cuberta que acometeremos neste instituto, son fundamentais para avanzar neste obxectivo de acadar centros educativos máis verdes e máis respectuosos co medio ambiente”, destacou.

Obras centros educativos Barbanza
Esta nova intervención súmanse ás que o Goberno galego está executando en toda a comarca. Concretamente, a Xunta de Galicia está a investir case 7,2 millóns de euros en 32 actuacións que inclúen 11 grandes obras en Lousame, Noia, Outes, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Rianxo e Ribeira, a instalación de placas fotovoltaicas en centros educativos de Muros, Noia e Ribeira e 18 obras menores en 17 colexios e institutos da comarca do Barbanza.

GRANDES OBRAS

CONCELLOCENTROTIPO DE OBRAIMPORTE
LOUSAMECPI CERNADAS DE CASTROMELLORAS SECTORIAIS. CARPINTERÍA E ILLAMENTO TÉRMICO453.958,01 €
MUROSIES PLURILINGÜE FONTEXERÍAREHABILITACIÓN INTEGRAL1.380.610,00 €
NOIAIES VIRXE DO MARMELLORAS SECTORIAIS. REVESTIMENTO FACHADA PRINCIPAL, SUBSTITUCIÓN DE FIESTRAS E NOVA CUBRICIÓN DA MARQUESINA339.219,64 €
OUTESCEIP PLURILINGÜE DE OUTESASCENSOR62.501,00 €
POBRA DO CARAMIÑAL, ACEP PLURILINGÜE SALUSTIANO REY EIRASMELLORAS SECTORIAIS. REFORMA CUBERTA176.646,00 €
POBRA DO CARAMIÑAL, AIES DA POBRA DO CARAMIÑALREHABILITACIÓN INTEGRAL2.109.534,80 €
PORTO DO SONCEIP SANTA IRENEMELLORAS SECTORIAIS CAMBIO DE CUBERTA267.476,38 €
PORTO DO SONIES PORTO DO SONSUBSTITUCIÓN CUBERTA435.636,43 €
RIANXOCEIP ALFONSO DANIEL RODRÍGUEZ CASTELAOREHABILITACIÓN INTEGRAL1.032.784,77 €
RIBEIRACEIP PLURILINGÜE O GRUPOASCENSOR67.775,03 €
RIBEIRACEIP PLURILINGÜE DE FRIÓNSREHABILITACIÓN INTEGRAL654.420,01 €
116.980.562,07 €

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas