Home A Coruña A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do...

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Mandeo a seu paso polo concello de Aranga

- Anuncio -

― Estes traballos céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos

― Augas de Galicia continúa a traballar na mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Mandeo ao seu paso polo concello de Aranga.

Os traballos céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos. Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas zonas de acceso e protección, de competencia autonómica.

Estas intervencións da Xunta contribúen á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

Relacionadas

O colexio Apóstolo Santiago achégase a Terra de vida

0
O centro de ensino compostelán participou o martes nos obradoiros ambientais promovidos polo Concello de San Sadurniño e Rexenerando Rapazada do colexio Apóstolo Santiago visitou...

Camión envorcado na N-VI ao seu paso polo concello de Coirós

0
Os bombeiros do parque comarcal provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 13:00 horas deste mediodía dunha incidencia que involucrou a un camión...

Xosé Merelles anima a explorar “os retos e oportunidades” do Camiño no horizonte do...

0
O director de Turismo de Galicia participa en Mondoñedo na inauguración do encontro ‘Os Camiños de Santiago en Galicia, o seu coñecemento e divulgación’ O...

Constituido o Posto de Mando Avanzado que coordinará o dispositivo de seguridade de case...

0
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe o Posto de Mando Avanzado habilitado no Monte do Gozo para garantir a...

A Xunta duplicará a rede de aforos de Galicia-Costa ata chegar a 95 estacións...

0
Ángeles Vázquez subliña a importancia de dispoñer dun sistema automático de medición en tempo real xa que ofrece información clave para o seguimento de...

A Xunta aposta por dixitalizar a xestión da auga para facela máis eficiente e...

0
Galicia participa en Avilés nunha xornada sobre o PERTE para a dixitalización do ciclo da auga, unha ferramenta da que a comunidade galega recibe...

Publicacións Relacionadas