Home Pontevedra Caldas A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés garante a continuidade asistencial...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés garante a continuidade asistencial de atención primaria en Catoira durante as vindeiras semanas

- Anuncio -

― Entre os vindeiros 3 e 26 de xaneiro de 2024 nesta localidade manteránse cubertos ambos cupos médicos con prolongacións de xornada de profesionais en activo e se efectúan xestións para acadar dita cobertura tamén o día 2 de xaneiro

― A Área Sanitaria mantén unha constante coordinación coa súa rede de centros de Atención Primaria para xestionar as coberturas vacacionais destes dispositivos asistenciais, ante a eventual indispoñibilidade de suficientes profesionais

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés garante a continuidade asistencial de Atención Primaria no centro de saúde de Catoira no período de ausencia vacacional dun dos seus profesionais. Así, entre os vindeiros 3 e 26 de xaneiro de 2024 nesta localidade, a Área Sanitaria manterá cubertos ambos cupos médicos con prolongacións de xornada de profesionais en activo e se efectúan xestións para acadar dita cobertura dos dous cupos tamén o día 2 de xaneiro.
Cómpre lembrar que a Área Sanitaria mantén a súa planificación de Atención Primaria na súa rede de centros de saúde, xestionando nesta época do Nadal os recursos dispoñibles baixo criterios de continuidade asistencial e compatibilizando o deber de prestar asistencia sanitaria co dereito dos profesionais ao seus descansos e libranzas. En relación á planificación estratéxica para efectuar as coberturas de ausencias dos profesionais de Atención Primaria en Catoira, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés lembra que a prioridade administrativa e organizativa é tratar de aportar substitutos.
Ante a imposibilidade de cubrir a totalidade das ausencias vacacionais -xa sexa con profesionais das listaxes de contratación ou con persoal voluntario- óptase por efectuar ben prolongacións de xornada ou ben intersubstitucións.
Coordinación permanente
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantén unha constante coordinación coa súa rede de centros de Atención Primaria, para xestionar as coberturas vacacionais destes dispositivos asistenciais, ante a eventual indispoñibilidade de suficientes profesionais. Non obstante, co criterio técnico e asistencial da Dirección e a colaboración e coordinación dos profesionais dos centros de saúde, a cobertura asistencial de consultas de Atención Primaria e a atención das urxencias extrahospitalarias nos Puntos de Atención Continuada -PAC- mantén a súa continuidade operativa.

Relacionadas

A desestacionalización do turismo en Tui consolídase en 2024

0
En decembro máis de 1000 persoas pasaron pola Oficina Municipal de Tui Máis de mil persoas pasaron no mes de decembro pola Oficina Municipal de...

O Punto Limpo de Mos elaborará estructurante para compost que a veciñanza poderá adquirir...

0
A iniciativa forma parte dun proxecto de mellora das instalacións, que inclúe tamén outra innovadora proposta: un mini punto limpo móbil que percorrerá as...

Un Concerto de Nadal das tres corais de Marín para festexar o inicio de...

0
Será no Templo Vello o 3 de xaneiro ás 20.00 horas e contará cun amplo repertorio musical  O 3 de xaneiro a partir das 20.00...

O Porriño posta pola xestión ética das colonias felinas co seu primeiro protocolo de...

0
O Concello licitou por primeira vez o servizo de captura, esterilización e solta de gatos e a xestión das súas colonias felinas que inclúe...

A Xunta mellora o Centro Ocupacional e de día do concello de Valga cun...

0
As actuacións son o resultado dos convenios de colaboración asinados entra ambas administracións no 2024Ademais das obras realizadas, concedeuse unha achega para a compra...

BNG exixe explicacións a Transportes ante as incidencias ferroviarias de inicio de ano

0
Néstor Rego avanza o rexistro de iniciativas para coñecer a que se deberon as incidencias en época de alta mobilidade e que aconteceu cos...

Publicacións Relacionadas