Home O Salnés Cambados O BNG logra a subida de impostos do PSOE para o 2024

O BNG logra a subida de impostos do PSOE para o 2024

- Anuncio -

Tras a presentación por parte do BNG de Meis das alegacións contra a subida de impostos asinadas pola veciñanza, e como xa anunciara o noso portavoz municipal, Xoán Manuel Vázquez, desde o BNG de Meis íamos facer todo o que estivese nas nosas mans para paralizar a inxusta subida de impostos que o goberno local do Partido Socialista pretendía facer xa para o 2024.

Durante a lexislatura anterior non houbo unha soa subida grazas ao voto do BNG, unha vez acadada a maioría absoluta unha das primeiras medidas que pretendía levar a cabo o Psoe de Meis era esta subida de impostos.

Desta volta, o Psoe convocou un pleno extraordinario o 3 de novembro para subir os impostos, o BNG votou en contra advertindo que ía facer o imposíbel para evitar esta subida a pesar da súa maioría absoluta. Recorrémolo por defecto de forma e déusenos a razón. O 9 de novembro fixeron outro pleno extraordinario, pola presa que tiñan en subir os impostos, pleno ao que o BNG non asistiu pois o horario ao que se convocou era para evitar que a maioría da veciñanza puidese presenciar aos concelleiros do PSOE de Meis votar por segunda vez nunha semana subir os impostos á veciñanza.

Lembramos que o partido socialista de Meis, fixo unha campaña electoral hai escasos 5 meses nos que constantemente alardeou de dúas cousas, de ter gobernado durante 4 anos sen subirlle os impostos á veciñanza, e de ter sido uns dos gobernos mais austeros da historia de Meis en canto a salarios, e puidemos comprobar como mentiron á veciñanza, pois nada máis gañar as eleccións, con maioría absoluta, a primeira medida que fixeron foi subirse o salario das concelleiras liberadas en máis dun 63%, e a segunda medida pretendían subirlle os impostos aos veciños e veciñas de Meis en máis dun 40%. (20% do lixo e 20% do IBI).

Desde o BNG de Meis levamos a cabo unha recollida de sinaturas en contra da subida de impostos, recabando máis de 200 sinaturas de veciños e veciñas de Meis que foron rexistradas no Concello polo noso portavoz e outro membros do BNG de Meis.

A raíz da presentación de todas as sinaturas, o Psoe de Meis non celebrou o pleno que tiña que resolver as alegacións e polo tanto non levou a cabo a aprobación definitiva da ordenanza, polo que este 2024 non haberá subida de impostos.

Relacionadas

O IES de Salvaterra inaugura o patio inclusivo dentro do seu I Festival das...

0
O pasado mércores o IES de Salvaterra de Miño organizou o I Festival das Letras Galegas, unha máis das actividades enmarcadas dentro do mes...

A Feira Abanca Semana Verde arrancou hoxe coas súas propostas máis profesionais

0
A Feira Internacional Abanca Semana Verde arrincou hoxe a súa 46ª edición, a cal foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Nesta...

Os mellores exemplares das razas autóctonas en perigro de extinción decidíronse hoxe na feira...

0
OS SEUS CONCURSOS MORFOLOXICOS TUVIERON LUGAR NO MARCO DESTE CERTAME MULTISECTORIAL, EN CUXA EXPOSICIÓN SE PODEN VER ESTES ANIMAIS DENDE HOXE E ATA O...

Nace o Observatorio da Xunqueira de Ramallosa, un proxecto pioneiro en accesibilidade e tecnoloxía...

0
Trátase dun proxecto promovido polo Concello de Gondomar financiado pola convocatoria Leader 2023-2024 a través de EuRural Favorecer o achegarse á natureza sen obstáculos físicos...

A Rosa de Mos inicia nova etapa tras médio século de historia

0
A 51 edición da festa trasládase ao Pazo de Mos e ten como pregoeira á influencer mosense Tamara García Esta mañá tivo lugar na contorna...

O BNG de Vigo agarda que a Xustiza poña luz na “chanchullada escura” que...

0
A fronte nacionalista agarda que o proceso xudicial que se vén de iniciar permita aclarar até o final o escándalo levantando a “xigantesca alfombra...

Publicacións Relacionadas