Home O Salnés A Illa de Arousa O Plan +Provincia da Deputación destina este ano preto de 8 millóns...

O Plan +Provincia da Deputación destina este ano preto de 8 millóns de euros aos concellos da contorna de Arousa

- Anuncio -

Son 600.000 euros máis que os recursos destinados pola institución provincial aos concellos da contorna de Arousa no 2023

O presidente Luis López remitiu unha carta aos alcaldes e alcaldesas detallando os recursos que lles corresponden e as principais novidades do plan cuxas bases publicáronse este mércores 3 de xaneiro no Boletín Oficial da Provincia

Os concellos de Cambados, Catoira, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Meis, Pontecesures, Ribadumia, Valga, Vilagarcía e Vilanova de Arousa recibirán este ano preto de 8 millóns de euros a través do Plan +Provincia da Deputación, o que supón 600.000 euros máis que os recursos destinados pola institución provincial a estes concellos o pasado ano, cando recibiron 7,4 millóns de euros. O presidente Luis López remitiu este mércores 3 de xaneiro unha carta aos alcaldes e alcaldesas tanto destes como dos restantes concellos de menos de 50.000 habitantes que se benefician do +Provincia detallando os recursos que lles corresponden e as principais novidades do plan, cuxa convocatoria publicouse tamén este mesmo mércores no Boletín Oficial da Provincia logo de ser aprobado no último pleno do 2023. A partir de agora, os concellos terán tres meses para presentar solicitudes.

O plan, elaborado conforme aos principios de reforzo da capacidade inversora, maior autonomía local e atención aos retos comúns de futuro, pretende, tal e como remarcou o presidente na carta remitida aos concellos, “avanzar conxuntamente nun modelo de cooperación e lealdade institucional que permita desenvolver as múltiples potencialidades da provincia”. Con este obxectivo, neste 2024 o plan de obras e servizos da Deputación incrementou a súa dotación en 4,2 millóns de euros, ata alcanzar os 48,2 millóns de euros, que se distribuirán entre os 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia a través de catro liñas. A primeira delas, dotada con 33,74 millóns de euros vai destinada a investimentos; a segunda, con 4 millóns, céntrase no gasto corrente dos concellos; a terceira, de 9,25 millóns, para a activación do emprego e a cuarta e novidosa liña, dotada con 1,2 millóns, para proxectos transformadores relacionados coa mobilidade.

No caso dos concellos da contorna de Arousa, os 7.992.129 euros que recibirán os seus concellos permitirán destinar ata 5,6 millóns de euros a novos investimentos, 663.347 euros a gasto corrente, 1,5 millóns de euros a fomentar o emprego e preto de 200.000 euros a proxectos transformadores relacionados coa mobilidade. Para facilitar a xestión dos recursos, o Plan +Provincia permite flexibilizar o traspaso de crédito entre liñas, de tal forma que poderá traspasarse o 100% das liñas 2,3 e 4 á liña 1; ata o 60% da liña 3 á liña 2; e entre o 30% e con carácter extraordinario ata o 50% da liña 1 á liña 2 de acordo cos requisitos establecidos nas bases publicadas o pasado mércores no Boletín Oficial da Provincia. Ademais, tamén se incorpora por vez primeira o criterio de reto demográfico para ponderar o impacto do envellecemento e a perda de poboación nos últimos dez anos.

En concreto, Cambados recibirá 1.049.443 euros, 68.431 máis que o pasado ano; Catoira 480.899 euros, 34.927 máis que no 2023; O Grove 909.417 euros, 83.385 máis que no ano que acaba de rematar; A Illa de Arousa 498.061 euros, 46.105 euros máis; Meaño 569.605 euros, 29.098 máis que con respecto ao ano pasado; Meis 555.066 euros, 38.796 máis que no 2023; Pontecesures 425.209 euros, 38.830 euros máis; Ribadumia 532.879 euros, 26.330 euros máis; Valga 619.609 euros, o que supón 33.569 máis que con respecto ao ano anterior; Vilagarcía de Arousa 1.482.114 euros, 82.993 euros máis e Vilanova de Arousa 869.827 euros, 79.133 máis que no 2023.

Relacionadas

O Concello de Nigrán insta ao Parlamento a que tramite de xeito urxente unha...

0
María Jesús Seoane, vicepresidenta de AGAELA e ex-traballadora do Concello de Nigrán , leu a moción ante a ovación dos seus antigos compañeiros e...

Covelo felicita a Leonor polo seu 101 aniversario

0
Leonor cumpre hoxe 101 anos na compaña do persoal da residencia de maiores de Covelo e das e das residentes. Esta veciña de Sabarís,...

Marín ruxirá esta fin de semana coa celebración en Briz do Ruxe Marín

0
Axe Bahía Batucada presentaron o evento xunto coa concelleira de Festas, Marián Sanmartín.  A Asociación Cultural Axé Bahia Batucada presentou xunto coa concelleira de Festas,...

Os xogos de auga do Paseo Alcalde Blanco volverán estar activos esta fin de...

0
A brigada municipal de Augas está estes días poñendo de novo en funcionamento o sistema, que non supón gasto de auga dado que se...

A Deputación remarca a pegada de “Sempre en Galiza” na cultura galega nas xornadas...

0
Rafa Domínguez recordou que o manuscrito orixinal “dun dos testemuños máis destacables da actividade de Castelao, no que da voz ao momento que vivía...

EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño brillan baixo os focos...

0
Durante tres días o público puido visionar os vídeos promocionais da campaña ‘Vivir experiencias, compartir territorio’ e a contraportada do Canzine destacou o proxecto...

Publicacións Relacionadas