18:00H. Saída Praza de Ponteareas.
Peche do tráfico as 17:00 horas no treito entre o Supermercado DIA e o Convento de Vilavella para montaxe de carrozas.
Peche total de tráfico no casco Urbano as 18:00 horas polo desfile de carrozas dende o Convento ata a rúa Xeneral Rubín, dando volta no Campo da Feira para rematar no Concello.
Posterior recepción Real na Casa do Concello.
As Súas Maxestades de Oriente non faltarán esta tarde á súa cita coa veciñanza de Redondela. Logo de recibir a ducias de nenos e nenas esta mañá na carpa do campo da feira na súa cabalgata estática, esta tarde sairán á rúa. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que “a ilusión dos nenos e nenas é o máis importante nestas datas” e ante a previsión de melloría meteorolóxica as carrozas sarián polo centro da vila. O percorrido comezará na Praza de Ponteareas ás 18.00 horas e rematará na rúa Xeneral Rubín, dando volta no campo da feira.
Desde a concellería de Cultura Rita Pérez adianta que será “o mellor desfile de Reis da historia” cun total de seis carrozas ambientadas nos contos clásicos infantís e con moitas sorpresas.



