Home O Morrazo Bueu A Mancomunidade do Morrazo porá en marcha en xaneiro o colector marrón

A Mancomunidade do Morrazo porá en marcha en xaneiro o colector marrón

- Anuncio -

• En Bueu vanse instalar 18 contedores no marco dun proxecto piloto ao que a cidadanía se poderá adherir e que funcionará a través dunha tarxeta persoal

A Mancomunidade de Concellos do Morrazo, da que forma parte o Concello de Bueu, comeza esta semana coa instalación de colectores marróns polos cascos urbanos de Bueu e Cangas e anima á cidadanía a utilizalos a partir de xaneiro. Este novo contedor, co que se avanza na recollida selectiva de residuos e na redución da fracción orgánica, foi presentado este mércores no Centro Social do Mar nun acto público aberto á cidadanía, e no que a xerente e a mestra composteira da Mancomunidade explicaron este proxecto, coa presenza de Félix Juncal, alcalde de Bueu e presidente actual da Mancomunidade, así como concelleiros e concelleiras dos municipios da comarca. Así mesmo, tamén se instalou na contorna unha carpa na que se repartiu material informativo e bolsas de tea.

A implantación do contedor marrón comezará en Bueu e en Cangas a través dun proxecto piloto financiado pola Consellería de Medio Ambiente, cunha primeira fase que se centrará nos centros urbanos e na que se despregarán un total de 42 colectores entre os dous municipios. En Bueu contarase con 18, que se situarán nas rúas Montero Ríos, Pazos Fontenla, Alexandre Bóveda, Santán, Avenida da Barca e Castelao.

A utilización destes novos colectores será a través dun sistema de apertura electrónica, que soamente se pode abrir mediante unha tarxeta persoal que será facilitada polo persoal da Mancomunidade a partir de xaneiro, acompañada dun kit composto por un cubo aireado de 10 litros, un rolo de bolsas compostables, un folleto informativo e un imán para colocar na neveira. Para dar a coñecer este quinto colector, o ente supramunicipal ten en marcha unha sección na nova web, e implementará unha campaña informativa en medios de comunicación e redes sociais para explicar á cidadanía o seu uso e que tipo de residuos se poden botar.

Basicamente, a idea é que con ese kit as persoas separen os residuos orgánicos na casa e os boten nun caldeiro marrón, e utilizando sempre unha bolsa compostable. Cando estea cheo, deberán depositarse os residuos no contedor marrón máis próximo á vivenda, o cal se deberá abrir achegando unha tarxeta persoal.

Este contedor marrón non é algo novo, senón que xa está presente na comarca xa dende o verán de 2022 pero só para a hostalaría, con máis de corenta locais adheridos e cun gran resultado, reducíndose notablemente os residuos orgánicos. Agora trátase de empezar a estendelo ao resto da cidadanía e, tal e como se explicou na reunión informativa, nel só se poderán depositar restos de carácter orgánico, co que se pretende que estes residuos deixen de ir ao contedor verde ou de fracción resto. Entre os residuos que se poden botar están os restos de froita e verdura, os restos de carne e peixe, as cunchas de marisco e ósos, froitos secos, restos de pan, restos de café e infusións, papel de cociña branco, restos de plantas ou tapóns de cortiza.

As persoas interesadas en adherirse á campaña poderán solicitar información ou o kit a través do enderezo electrónico info@mancomunidadedomorrazo.gal.

Relacionadas

O IES de Salvaterra inaugura o patio inclusivo dentro do seu I Festival das...

0
O pasado mércores o IES de Salvaterra de Miño organizou o I Festival das Letras Galegas, unha máis das actividades enmarcadas dentro do mes...

A Feira Abanca Semana Verde arrancou hoxe coas súas propostas máis profesionais

0
A Feira Internacional Abanca Semana Verde arrincou hoxe a súa 46ª edición, a cal foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Nesta...

Os mellores exemplares das razas autóctonas en perigro de extinción decidíronse hoxe na feira...

0
OS SEUS CONCURSOS MORFOLOXICOS TUVIERON LUGAR NO MARCO DESTE CERTAME MULTISECTORIAL, EN CUXA EXPOSICIÓN SE PODEN VER ESTES ANIMAIS DENDE HOXE E ATA O...

Nace o Observatorio da Xunqueira de Ramallosa, un proxecto pioneiro en accesibilidade e tecnoloxía...

0
Trátase dun proxecto promovido polo Concello de Gondomar financiado pola convocatoria Leader 2023-2024 a través de EuRural Favorecer o achegarse á natureza sen obstáculos físicos...

A Rosa de Mos inicia nova etapa tras médio século de historia

0
A 51 edición da festa trasládase ao Pazo de Mos e ten como pregoeira á influencer mosense Tamara García Esta mañá tivo lugar na contorna...

O BNG de Vigo agarda que a Xustiza poña luz na “chanchullada escura” que...

0
A fronte nacionalista agarda que o proceso xudicial que se vén de iniciar permita aclarar até o final o escándalo levantando a “xigantesca alfombra...

Publicacións Relacionadas