Home Pontevedra Caldas A Xunta e o concello de Portas acordan colaborar para potenciar a...

A Xunta e o concello de Portas acordan colaborar para potenciar a Escola Municipal de Música

- Anuncio -

— O Goberno galego contribuirá cos gastos derivados de reformar o edificio para acoller estas novas instalacións, que se estiman nun total de 560.000€


— O obxectivo é dar resposta á demanda de formación musical tanto para afeccionados como para a preparación de probas para estudos superiores

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe o concello pontevedrés de Portas, onde asinou un convenio de colaboración co alcalde, Ricardo Martínez, para potenciar a Escola Municipal da localidade e contribuír á diversificación da formación non regrada.

O obxectivo deste acordo é dar resposta á demanda de formación musical que existe neste concello, tanto para afeccionados como para os interesados en preparar probas de acceso a estudos superiores. Neste senso, o conselleiro salientou que o labor que se fai desde estes centros é tamén clave para potenciar e poñer en valor a tradición, a cultura popular e o patrimonio de Galicia.
Para iso, o Goberno galego colaborará cos gastos derivados de reformar o edificio para acoller estas novas instalacións. Trátase dun proxecto que, tal e como figura no convenio asinado, conta cun orzamento base de licitación de máis de 560.000€, dos cales a Xunta asumirá un máximo do 50% do custo de execución das actuacións.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas