Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación saca a licitación o proxecto de transformación da estrada que...

A Deputación saca a licitación o proxecto de transformación da estrada que une Fornelos con Estacas, cun investimento de máis de 230.000 €

- Anuncio -

As empresas interesadas en presentar ofertas para esta actuación, que dotará de beirarrúas máis amplas e zonas de convivencia un treito de 210 metros da estrada provincial, terán de prazo ata o 1 de febreiro

Pazo provincial, 16 de xaneiro de 2024. A Deputación de Pontevedra acaba de sacar a licitación o proxecto de transformación da EP-2801 Fornelos-Estacas, no que investirá máis de 230.000 euros para dotar de beirarrúas máis amplas e zonas de convivencia un treito de 210 metros desta estrada provincial. As empresas interesadas en presentar ofertas para esta actuación, que tamén mellorará a funcionalidade da vía e a súa seguridade tanto para o tráfico rodado como para o peonil, terán de prazo ata o 1 de febreiro.

A zona de actuación correspóndese coa saída do núcleo urbano de Fornelos de Montes, cunha intensidade media diaria elevada pola súa conexión con varios núcleos de poboación. Na actualidade as beirarrúas neste treito non contan co ancho suficiente e mediante a solución proxectada daráselle prioridade ao tráfico peonil, incrementando o espazo das beirarrúas e optando por zonas de convivencia naquelas zonas onde o ancho non permita o cumprimento das condicións de accesibilidade.

A zona de convivencia localizarase no treito de edificación consolidada, ao inicio da actuación, e no resto do treito optarase por unha senda peonil de 2,50 metros de ancho que transcorrerá pola marxe dereita da vía. Cómpre ter en conta que á altura do PQ 0+150 existe unha curva moi pechada onde, á marxe esquerda, se atopan un lavadoiro e o edificio da Praza de Abastos, que teñen difícil acceso peonil precisamente pola falta de ancho suficiente para o tránsito.

O proxecto tamén inclúe a demolición dos pavimentos incompatibles coa nova solución e o fresado da calzada a conservar. Na contorna da Praza de Abastos o pavimento substituirase por lastras de pedra. Ademais, tamén se executará unha prolongación das obras de drenaxe transversal, soterraranse as canalizacións de alumeado público e de electricidade en baixa tensión, substituirase a sinalización horizontal e vertical da vía, formarase un paso peonil elevado na parte final da actuación e disporanse dous treitos de varandas para a contención dos viandantes.

Relacionadas

O IES de Salvaterra inaugura o patio inclusivo dentro do seu I Festival das...

0
O pasado mércores o IES de Salvaterra de Miño organizou o I Festival das Letras Galegas, unha máis das actividades enmarcadas dentro do mes...

A Feira Abanca Semana Verde arrancou hoxe coas súas propostas máis profesionais

0
A Feira Internacional Abanca Semana Verde arrincou hoxe a súa 46ª edición, a cal foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Nesta...

Os mellores exemplares das razas autóctonas en perigro de extinción decidíronse hoxe na feira...

0
OS SEUS CONCURSOS MORFOLOXICOS TUVIERON LUGAR NO MARCO DESTE CERTAME MULTISECTORIAL, EN CUXA EXPOSICIÓN SE PODEN VER ESTES ANIMAIS DENDE HOXE E ATA O...

Nace o Observatorio da Xunqueira de Ramallosa, un proxecto pioneiro en accesibilidade e tecnoloxía...

0
Trátase dun proxecto promovido polo Concello de Gondomar financiado pola convocatoria Leader 2023-2024 a través de EuRural Favorecer o achegarse á natureza sen obstáculos físicos...

A Rosa de Mos inicia nova etapa tras médio século de historia

0
A 51 edición da festa trasládase ao Pazo de Mos e ten como pregoeira á influencer mosense Tamara García Esta mañá tivo lugar na contorna...

O BNG de Vigo agarda que a Xustiza poña luz na “chanchullada escura” que...

0
A fronte nacionalista agarda que o proceso xudicial que se vén de iniciar permita aclarar até o final o escándalo levantando a “xigantesca alfombra...

Publicacións Relacionadas