Home O Ribeiro Carballeda de Avia A Deputación cooperará co Concello de Carballeda de Avia na creación dunha...

A Deputación cooperará co Concello de Carballeda de Avia na creación dunha senda na estrada a Leiro e para a consecución dun tractor rozadoira que protexa Pena Corneira

- Anuncio -

Luis Menor recibiu no Pazo Provincial ao rexedor Luis Milia, co que analizou tamén o Plan CooperOU, “polo que Carballeda de Avia percibirá 600.000 euros para investimentos nos vindeiros anos”, explicou o presidente provincial 

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co rexedor de Carballeda de Avia, Luis Milia, na que repasaron a cooperación que vén prestando a Deputación a este municipio da comarca do Ribeiro. Así, no que vai de mandato, aprobáronse 40.000 euros no pasado outubro para cofinanciamento de obras no pavillón de Abelenda, “e por outro lado se lle comunicou que no Plan CooperOU o Concello de Carballeda de Avia percibe este ano 157.199 euros, que cos incrementos previstos nos vindeiros exercicios terá garantido máis de 600.000 euros para investimentos neste mandato, o cal foi saudado positivamente polo rexedor”, explicou Menor. 

O presidente da Deputación e o alcalde de Carballeda de Avia estableceron tamén diversos proxectos de colaboración para este ano, como un convenio para a realización dunha senda no tramo Costeira, na estrada OU-0306 que comunica este municipio con Leiro; así como a reparación dun pontillón para o regato que une Valde e A Serra, ademáis da petición do concello de inclusión no convenio con Medio Rural para acadar un tractor con rozadoira que lle dea servizo ao municipio e especialmente para a protección do monumento natural de Pena Corneira. 

Relacionadas

Luis Menor e Lete Lasa revisan no Pazo Provincial proxectos en infraestruturas deportivas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron hoxe unha xuntanza no...

Máis de 700 escolares celebraron o Día das Letras Galegas na Praza Maior, nun...

0
Alumnado dos colexios da cidade rendeulle homenaxe ás letras e á poeta homenaxeada, a través de cancións, bailes, poesías e manifestos Máis de 700 escolares...

O Partido Popular de Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor...

0
O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán...

A Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no...

A XV BTT de Maceda – Copa Deputación reunirá ao redor de 250 participantes

0
O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participou hoxe en Maceda, na presentación da XV BTT de Maceda – Copa Deputación que se...

O escultor ourensán Xosé Cid presenta o catálogo “Silencio e materia” que recompila os...

0
O director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez, participou hoxe na presentación deste catálogo no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde...

Publicacións Relacionadas