Home A Coruña A Xunta recoñece cos Premios Innovagal o traballo de centros educativos de...

A Xunta recoñece cos Premios Innovagal o traballo de centros educativos de Outes, Cerceda, Vilanova, Zas, Tui, Monfero, Vigo E Celanova

- Anuncio -

— O obxectivo destes galardóns é poñer en valor o labor dos centros que desenvolven enfoques didácticos para dar resposta ás necesidades particulares do seu alumnado

— A directora xeral de Ordenación e Innovación educativa visita o CPI Plurilingüe O Cruce, de Cerceda, gañador do primeiro premio nunha na categoría de Secundaria

A directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o Colexio CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda, ao que felicitou por acadar o primeiro premio nunha das categorías dos Premios Innovagal. Precisamente o Portal Educativo vén de publicar a relación de centros galardoados nesta convocatoria da Xunta para poñer en valor o labor dos colexios e institutos que desenvolven enfoques didácticos innovadores para dar resposta ás necesidades particulares do seu alumnado.
A convocatoria establece dúas categorías de participación, unha para centros que imparten Educación Infantil, Primaria e Especial. Nela, o primeiro premio foi para o Colexio CEIP Plurilingüe de Outes (Outes, A Coruña), o segundo para o Colexio CEIP de Viñagrande-Deiro (Vilanova de Arousa, Pontevedra), o terceiro para o Colexio CEIP Plurilingüe nº1 (Tui, Pontevedra) e a mención de honra para o Colexio CEIP Plurilingüe da Carrasqueira (Vigo, Pontevedra).
No caso da segunda categoría, para centros de Secundaria e de adultos, o primeiro premio foi para o Colexio O Cruce (Cerceda, A Coruña), o segundo para o Instituto IES Maximino Romero de Lema (Zas, A Coruña), o terceiro para o Colexio CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero, A Coruña) e a mención de honra para o Instituto IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova, Ourense)
Os primeiros premios están dotados con 10.000€, os segundos con 6.000€, os terceiros con 3.000€ e as mencións de honra con 1.000€. Ademais da dotación económica do premio, os centros galardoados reciben o distintivo de Centro educativo Innovagal, cunha vixencia de catro cursos escolares.
Medio ambiente nos primeiros premios
A proposta do Colexio CEIP Plurilingüe de Outes centro xira arredor do benestar emocional do alumnado e a sostibilidade do centro. Tendo isto en conta, a metodoloxía céntrase na creación dunha escola na que toda a comunidade pode participar, na que a aprendizaxe é activa e dinámica e na que se traballa o respecto ao medio ambiente de forma transversal en todas as áreas do currículo e en todos os niveis.

Pola súa banda o Colexio CPI Plurilingüe O Cruce desenvolve un proxecto de innovación cunha forte aposta por accións STEM relacionadas coa defensa do medio ambiente. O coñecemento da contorna e a conservación ambiental guían o desenvolvemento dos proxectos nos que participa o centro, que se basean na premisa de que a aprendizaxe na natureza mellora os logros e o benestar do alumnado.
Aposta pola infancia e os proxectos STEM
A proposta de innovación do Colexio CEIP de Viñagrande-Deiro parte da convicción de que a grandeza dunha escola é a infancia. Este principio condiciona a vida e a organización do centro focalizando a metodoloxía no alumnado. Créanse espazos e dinámicas que respectan a infancia potenciando a autonomía, a intelixencia emocional, a comunicación asertiva e o pensamento diverxente.
No caso do Instituto IES Maximino Romero de Lema, centra o seu proxecto innovador na posta en marcha de proxectos STEM a través do Club de Ciencia e dos Polos Creativos. Mellórase o rendemento académico e a motivación do alumnado a través de metodoloxías como a aprendizaxe baseada en proxectos, a gamificación, a educación ao aire libre, a realidade virtual ou a realidade aumentada.
Traballo por ámbitos
No Colexio CEIP Plurilingüe nº1 o fomento da creatividade e da tecnoloxía van da man para conseguir o cambio metodolóxico, que inclúe melloras como a docencia compartida, as parellas pedagóxicas e o traballo por ámbitos que redundan en beneficio de todo o alumnado. Estas transformacións permitiron levar a cabo o III Congreso Educativo EducODS#2030, proxecto innovador do que forma parte toda a comunidade educativa.
O CPI Plurilingüe Virxe da Cela fíxose co terceiro premio polo proxecto de centro MonferoSolidario, que ten o obxectivo de mellorar a calidade educativa e dar resposta ás necesidades identificadas polo claustro. As actuación abarcan ámbitos de organización, de mellora das competencias lingüísticas, matemáticas e dixitais, e traballan aspectos emocionais e hábitos de vida saudable e desenvolvemento sostible, entre outras.

Inclusión e adaptación á contorna
No Colexio CEIP Plurilingüe da Carrasqueira, o traballo en equipo e a formación do profesorado constitúen o motor necesario para emprender un cambio no centro cara a unha metodoloxía inclusiva, respectuosa co medio e coa infancia. Durante os últimos cursos puxéronse en marcha pedagoxías activas (consello de nen@s, comisión de patios) e manipulativas que favorecen unha aprendizaxe competencial.

Partindo da súa localización no interior dun mosteiro, o Instituto IES Celanova Celso Emilio Ferreiro desenvolve o proxecto Arredor do Mosteiro que xira en torno a posta en valor do patrimonio, a optimización dos espazos, proxectos sobre temas transversais que parten da realidade de Celanova e apertura do centro á contorna con diferentes actividades como charlas, concertos ou obradoiros.

Relacionadas

O bravú celebra os seus 30 anos mañá no Colón cun documental e un...

0
O Goberno de Inés Rey promove este evento no que se proxectará un documental e haberá unha actuación de Orquestra Bravú Xangai con moitas...

Unhas 900 persoas acudirán mañá á “XXXV Gala do Deporte de Narón” no Pazo...

0
O Pazo da Cultura de Narón acollerá mañá unha nova edición, a trixésimo quinta, da “Gala do Deporte de Narón”. A alcaldesa, Marián Ferreiro,...

O próximo luns ábrese o prazo de inscrición nesta iniciativa, froito da colaboración entre...

0
A Asociación micolóxica Viriato organiza a próxima semana, coa colaboración do Concello, as “IV Xornadas micolóxicas de Neda”. Trátase dunha actividade gratuíta de iniciación...

Neda desenvolverá a vindeira semana unha nova edición das súas Xornadas micolóxicas

0
O próximo luns ábrese o prazo de inscrición nesta iniciativa, froito da colaboración entre a Asociación Viriato e o Concello A Asociación micolóxica Viriato organiza...

Cariño conmemorará o 25N coa lectura dun manifesto, unha marcha e un taller formativo...

0
• O Concello participa este ano nunha campaña conxunta con Mañón, Cerdido e Ortigueira. O Concello de Cariño conmemorará o 25N, Día Internacional para a...

Veciñanza da Pobra elabora xabóns ao abeiro dos obradoiros de artesanía Feito coas túas...

0
O obradoiro de confección de xabóns impartido por Flow de Meiga marca o final do programa Feito coas túas mans, impulsado pola Concellaría da...

Publicacións Relacionadas