Home Ourense Luis Menor conclúe en Verín a constitución dos comités comarcais advertindo que...

Luis Menor conclúe en Verín a constitución dos comités comarcais advertindo que “se queremos futuro, temos que saír a defender o noso presente”

- Anuncio -

· Aludiu así aos avances dos que goza a cidadanía ourensá e galega, “con medidas pensadas para todos e non só en beneficio duns privilexiados”

· Pediu a mobilización de todos os populares na comarca, “sen a máis mínima confianza e sen dar nada por gañado”

O líder provincial do Partido Popular de Ourense, Luis Menor, concluíu hoxe a constitución dos comités comarcais da formación coa posta en marcha en Verín destes novos órganos de coordinación política, cuxo obxectivo é ampliar e consolidar a presenza territorial popular na provincia.

No salón de actos do colexio dos Mercedarios déronse cita esta tarde máis dun cento de cargos municipais e afiliados procedentes dos concellos e agrupacións locais da Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Trasmiras, Vilardevós e Verín. Segundo a proposta da presidencia, o comité comarcal estará coordinado polo alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, e a alcaldesa de Riós, Eva Barrio.

Luis Menor lanzou nesta última reunión unha advertencia aos asistentes ao asegurar que “se queremos ter futuro, temos que saír a defender o noso presente”, en alusión aos avances dos que goza a cidadanía ourensá e galega, con medidas pensadas para todos e non só en beneficio duns privilexiados”.

O Partido Popular de Ourense, subliñou Menor, sempre contribuíu a formar gobernos estables, comprometidos, serios e rigorosos con Galicia, “que é o que nos propón Alfonso Rueda”, por iso engadiu que é vital para o futuro das galegas e dos galegos “que poda dirixirnos desde a lexitimidade que dá unha maioría absoluta”

O líder provincial do PP explicou o funcionamento e obxectivo destes comités, que se reunirán dúas veces no ano “e sempre que se requira”, pedindo a mobilización de todos os populares na comarca, “sen a máis mínima confianza e sen dar nada por gañado”.

Relacionadas

Luis Menor e Lete Lasa revisan no Pazo Provincial proxectos en infraestruturas deportivas

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantiveron hoxe unha xuntanza no...

Máis de 700 escolares celebraron o Día das Letras Galegas na Praza Maior, nun...

0
Alumnado dos colexios da cidade rendeulle homenaxe ás letras e á poeta homenaxeada, a través de cancións, bailes, poesías e manifestos Máis de 700 escolares...

O Partido Popular de Ourense conmemora o Día das Letras Galegas poñendo en valor...

0
O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde un acto para conmemorar o Día das Letras Galegas, ao carón do monumento do escritor ourensán...

A Xunta de Goberno Local aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 24 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que se desenvolveu esta mañá no...

A XV BTT de Maceda – Copa Deputación reunirá ao redor de 250 participantes

0
O asesor de Deportes da Deputación, Quique Álvarez, participou hoxe en Maceda, na presentación da XV BTT de Maceda – Copa Deputación que se...

O escultor ourensán Xosé Cid presenta o catálogo “Silencio e materia” que recompila os...

0
O director da Área de Cultura e Deporte da Deputación, Marcos Vázquez, participou hoxe na presentación deste catálogo no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde...

Publicacións Relacionadas