Home Ourense Rivo pon en valor as experiencias empresariais que xerminan nos Polos de...

Rivo pon en valor as experiencias empresariais que xerminan nos Polos de emprendemento e que motivan a desenvolver unha actividade en Galicia

- Anuncio -

― A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou nunha xornada sobre o potencial empresarial do Concello de Riós, organizada desde o Polo de emprendemento de Verín


― Destacou o traballo que están a desenvolver os tres polos activos na provincia de Ourense que xa apoiaron 240 proxectos, 120 desde Verín

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, clausurou hoxe a xornada O potencial empresarial en Riós. Compartindo experiencias emprendedoras organizada desde o Polo de emprendemento de Verín, para dar a coñecer experiencias empresariais que están a ter impacto nesta contorna e que, como indicou a representante autonómica, motivan a desenvolver unha actividade.
Rivo puxo en valor a oportunidade dos encontros que está a organizar a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego de Galicia -integrada na actualidade por 12 centros activos e outros tres planificados- para debullar os contextos empresariais dos territorios e contribuír a crear sinerxías entre o tecido empresarial, os emprendedores e a Administración.
A Xunta de Galicia está a aproveitar o potencial emprendedor da cidadanía como un dos principais activos para aproveitar as oportunidades que brinda o territorio e o talento do seu capital humano. Estase a acompañar a todas as persoas que desexen desenvolver unha idea de negocio, a través da formación apropiada e indo da man en todas as etapas do emprendemento, indicou Rivo.
O polo de Verín foi o primeiro aberto na comunidade hai un ano e medio (xullo de 2022). Desde a súa posta en marcha atendeu 120 proxectos promovidos por 107 persoas, na maior parte mulleres (61%). Predominan as inciativas relacionadas co sector servizos, seguido da agricultura, gandería, silvicultura e pesca e a hostalaría.
Na provincia de Ourense, o Goberno galego ten en marcha tres polos: ao de Verín, súmanse O Barco de Valdeorras e O Carballiño, ao que se engadirá, como está planificado, un cuarto centro en Baños de Molgas.
Cos polos, a Xunta de Galicia está a apoiar o emprendemento rural, para convertelos en centros de dinamización dos territorios. En toda a provincia ourensana a Rede de polos participou en case 240 proxectos e asesorou 220 persoas.
No acto de hoxe déronse a coñecer casos de éxito de emprendemento apoiados desde Verín como Pecado de Outono (obradoiro de castaña ecolóxica), Aroamel (produción de mel de alta montaña), Soutogal (poda profesional de castiñeiras) e O Picoto (actividade gandeira).
A representante autonómica remarcou a necesidade de contar co rural para que Galicia avance cara a unha nova economía baseada no coñecemento, na tecnoloxía e na innovación. Un proceso para o que, dixo, a comunidade debe contar coa base de emprendemento que agora xermina para non perder oportunidades.

Relacionadas

A Xunta destaca o Plan de Transporte Público de Galicia como garante de sostibilidade,...

0
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para abordar os avances producidos no marco deste instrumento de...

A consellería de Educación impulsará a FP Dual no instituto de Valga con novos...

0
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visita o centro para avanzar sobre estas novas colaboracións A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe...

Cada galego reciclou o ano pasado 30,3 kg de envases lixeiros e de papel-cartón,...

0
Segundo os datos de Ecoembes, recuperáronse un total de 73.687 toneladas deste tipo de refugallos domésticos ao longo de 2023, dos cales o 64%...

Rueda avalía co embaixador da China novas oportunidades de negocio para as empresas galegas

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo esta tarde na Coruña un encontro co embaixador da República Popular China en España, Yao Jing, no...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

A Xunta inxecta preto de 2M€ no Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, CICA...

0
O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, visita este centro da Universidade da Coruña centrado na biomedicina, a nanociencia e a alimentación A Xunta...

Publicacións Relacionadas