HomePontevedraA LamaDavid Carrera e a xefa territorial de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta...

David Carrera e a xefa territorial de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta exploran vías de mellora para o transporte público do municipio

- Anuncio -spot_img

O alcalde aproveitou a xuntanza para reclamar unha marquesiña e varios espellos que se ubicarían na PO-241

O alcalde da Lama, David Carrera, e a xefa territorial de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta en Pontevedra, María Martínez Allegue, analizaron a situación actual do transporte público no municipio e exploraron vías de mellora na conectividade e no servizo para os usuarios.

No transcurso da xuntanza, que tivo lugar na Casa Consistorial da Lama, o alcalde demandou da Xunta una mellor sinalización das paradas, optimización do seu servizo e tamén a cesión por parte da administración autónomica dunha marquesiña así como varios espellos para solucionar problemas de seguridade vial na estrada autonómica PO-241.

Entre outros temas abordados, o alcalde e a xefa territorial abordaron tamén o servizo baixo demanda, a mellora do transporte escolar e a conectividade de A Lama coas dúas grandes cidades da provincia, é dicir, con Pontevedra e Vigo.

Despois deste primeiro contacto, tanto David Carrera como María Martínez cualificaron da xuntanza de moi proveitosa e sinalaron que “contribuirá a mellorar o servizo do transporte público no municipio así como para optimizar os recursos dos que se dispoñen para que a veciñanza teña maior capacidade de mobilidade”.

Antes de rematar a xuntanza, ámbolos dous interlocutores coincidiron na necesidade de seguir prodigando este tipo de xuntanzas entre as dúas administracións para seguir avanzando na mellora do transporte público no rural da provincia.

Publicacións Relacionadas