Home Pontevedra Deza A Oficina Rural de Vila de Cruces remata as obras de mellora,...

A Oficina Rural de Vila de Cruces remata as obras de mellora, cun investimento de case 64.000 euros

- Anuncio -

― Leváronse a cabo diferentes actuacións, como a renovación do mobiliario das súas instalacións, así como a optimización da climatización ou dos aseos


― Esta reforma, incluída no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, permite ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina

A Oficina Rural de Vila de Cruces vén de rematar o proceso de mellora das súas instalacións a través dunha actuación promovida pola Consellería do Medio Rural, para a que se destinou un orzamento total de 63.686,86 euros.

As melloras correspondéronse con varias actuacións nas que acometeron obras coma a renovación do mobiliario, a optimización da climatización a través de aerotermia ou a reforma dos aseos. Ademais, cambiáronse as xanelas para a mellora da eficiencia enerxética das instalacións.

O obxectivo desta actuación, incluída no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, é ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina, que se atopa na rúa Neira Vilas de Vila de Cruces. Nela, préstanse atención xeral á cidadanía nas materias da súa competencia, ademais de servizos agrarios e veterinarios.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Publicacións Relacionadas