Home A Coruña O BNG triplicará o orzamento en cooperación para o desenvolvemento para situar...

O BNG triplicará o orzamento en cooperación para o desenvolvemento para situar a Galiza á cabeza do Estado

- Anuncio -

O candidato Luís Bará defende o deseño de instrumentos plurianuais máis eficaces da man do tecido asociativo para ter máis influencia nos territorios

O BNG quere situar Galiza á cabeza do Estado en materia de cooperación internacional e para iso prevé un incremento orzamentario que triplique o investimento actual e o deseño de mellores instrumentos plurianuais da man do tecido asociativo para ter influencia máis eficaz nos territorios de actuación.

Bará subliñou estas propostas do Bloque nun encontro con representantes da Coordinadora de ONG, ante as que recoñeceu que neste momento Galiza está da metade para abaixo no ‘ranking’ estatal, que ten unha media de investimento do 0,13% dos orzamentos mentres Galiza apenas chega ao 0,07%.

“Nós propoñemos que a participación galega chegue ao 0,2% ao longo da lexislatura sen desbotar o obxectivo final que sería chegar ao 0,7%, que é moi lonxano neste momento. Sería triplicar o investimento, agora nos 9 millóns, achegándose ao nivel de Euskadi ou Navarra, referentes na materia”, puntualizou o nacionalista.

O cambio da política de desenvolvemento, salientou o cabeza de cartel, pasa tamén por crear instrumentos máis eficaces en colaboración co movemento asociativo, de maneira que se fagan programas plurianuais de cando menos 4 anos para que teñan unha incidencia máis forte no territorio, se simplifique a burocracia para ser máis áxiles e se teña en conta a realidade dos países de destino que ás veces dificulta a xestión de toda a tramitación.

A proposta do Bloque para a cooperación inclúe incrementar a acción directa do goberno e tamén doutros axentes como o Fondo Galego, que é quen aglutina a cooperación dos concellos, e tamén da rede que teñen as universidades, para ter unha incidencia directa como sector público en países “nos que temos xa unha tradición importante de cooperación como pode ser o Sahara”.

Finalmente, Bará avogou por ampliar as políticas de concienciación e educación da cidadanía para a cooperación internacional, tendo en conta que a realidade vai cara un escenario no que vai haber cada vez máis persoas refuxiadas, máis perda de dereitos e liberdades, máis crise climática, e máis conflitos bélicos. “Estamos diante dunha emerxencia de carácter social, económico e ambiental que vai aínda complicar máis a situación e fará que se teña que incrementar a axuda á cooperación”, salientou.

Bará destacou todas estas liñas de actuación “baixo o paraugas do compromiso que ten o BNG, internacionalista, solidario, pola paz fronte ao militarismo e pola soberanía dos pobos, valores que forman parte do nacionalismo dende a súa orixe”.

Relacionadas

A Xunta mellora o Centro Ocupacional e de día do concello de Valga cun...

0
As actuacións son o resultado dos convenios de colaboración asinados entra ambas administracións no 2024Ademais das obras realizadas, concedeuse unha achega para a compra...

BNG exixe explicacións a Transportes ante as incidencias ferroviarias de inicio de ano

0
Néstor Rego avanza o rexistro de iniciativas para coñecer a que se deberon as incidencias en época de alta mobilidade e que aconteceu cos...

A Pobra reparte as últimas caramiñas para sortear nuns días a viaxe familiar a...

0
A época do Nadal xa está chegando ao seu fin e A Pobra do Caramiñal prepárase para despedi-la campaña Volta o Nadal, voltan as...

O BNG de Vigo urxe a Caballero a executar as medidas aprobadas polo Pleno...

0
Dous anos despois de aprobada a moción do Bloque na que se declarou formalmente Vigo como “cidade contraria a todas as formas de maltrato...

O CEIP Plurilingüe de Leirado en Salvaterra de Miño vén de ser galardoado no...

0
O CEIP Plurilingüe de Leirado en Salvaterra de Miño vén de ser galardoado no X Concurso de Traballos por Proxectos que foi convocado pola...

A Deputación organiza este sábado na Lama e Oia dous novos concertos do ciclo...

0
Dania Diva (na Lama) e o dúo formado por Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro (en Oia) ofrecerán dúas actuacións como parte do programa...

Publicacións Relacionadas