Home Lugo A Mariña Oriental Ribadeo conta xa cun plan para a dinamización do seu conxunt histórico...

Ribadeo conta xa cun plan para a dinamización do seu conxunt histórico con accións para a mellora de edificios e outros espazos públicos

- Anuncio -

— O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a aprobación desta planificación coa que o municipio é, tras Mondoñedo, a segunda Área Rexurbe da comunidade en tela


— A estratexia deseñada polo Goberno local establece un programa plurianual de actuacións por parte de distintos promotores, tanto públicos como privados, que prevé un investimento de máis de 4,5 millóns de euros en catro exercicios


— Ánxeles Vázquez felicita ao alcalde de Ribadeo polo traballo realizado e a previsión de acometer distintas accións que inclúen desde cuestións arquitectónicas, como a rehabilitación de inmobles, ata outras de carácter económico e social

O Concello de Ribadeo conta desde hoxe cun Plan de dinamización do seu conxunto histórico trala súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Deste xeito, o municipio lucense -unha das sete Áreas Rexurbe declaradas na comunidade- convértese na segunda, tras Mondoñedo, en contar cunha planificación para a mellora de edificios e outros espazos públicos da súa zona histórica.

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou a zona e destacou que o plan presentado polo Concello establece un programa plurianual de actuacións por parte de distintos promotores, tanto públicos como privados, que prevé un investimento de máis de 4,5 millóns de euros nun período de catro anualidades.

Por iso, a responsable autonómica felicitou ao alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, polo traballo realizado desde o municipio coa previsión de actuacións que atenden tanto cuestións arquitectónicas -de fomento da rehabilitación de edificios, vivendas e mellora dos espazos públicos- como outras de carácter económico e social.

Ángeles Vázquez subliñou que o plan de dinamización supón a efectiva posta en marcha desta Área Rexurbe e permitirá desenvolver accións estratéxicas para o municipio como a recuperación de zonas en mal estado ou illadas, a adecuación da accesibilidade de edificacións públicas como o albergue de peregrinos ou o xulgado de paz ou traballos de conservación e mellora do forte de San Damián, Ben de Interese Cultural (BIC) do concello. A elas engádense outras actuacións como a apertura ao porto do casco histórico, o acondicionamento da ladeira entre Cabanela e Porcillán ou a recuperación de zonas verdes na rúa Virxe do Camiño e na contorna da capela co mesmo nome.

A vicepresidenta segunda lembrou que as Áreas Rexurbe teñen como obxectivo dinamizar e revitalizar os centros históricos dos concellos e que os plans de dinamización como o de Ribadeo contribúen a marcar o camiño para acadar esa meta o antes posible. Ademais, incidiu, non só favorecen a mellora visual da contorna senón que teñen un importante papel no eido económico ao impulsar a actividade comercial na zona histórica ao facela máis atractiva desde o punto de vista do lecer.

Relacionadas

Máis de medio cento de actividades nos museos da Xunta para celebrar o seu...

0
Inclúense visitas guiadas, obradoiros para a cativada, xornadas de portas abertas, actividades didácticas, teatro e propostas musicais vinculadas coas exposicións que se programan A Xunta...

A Xunta destinará 2,4M€ para garantir o servizo de depuración de augas a...

0
― Está previsto que os contratos para a xestión de tres estacións depuradoras localizadas nestes municipios pontevedreses se prorroguen ata maio do ano 2025 ―...

A Xunta promove con case 5 M€ a contratación este ano de 152 desempregados...

0
José González destacou que as axudas van dirixidas a empresas cualificadas como iniciativas de base tecnolóxica e a outras do sector privado que traballen...

A Xunta puxo en valor o traballo dos colexios profesionais e a súa contribución...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde na entrega dos premios anuais da Unión Profesional de Galicia, que recoñecen...

A Xunta destinará máis de 283.000 euros a financiar a construción dun Centro de...

0
— Terá capacidade para atender a 25 persoas maiores — A actuación forma parte dun Plan de investimentos de 18,5 millóns de euros que está...

Belén do Campo destaca a aposta de 20 particulares e dous concellos da comarca...

0
A delegada territorial da Xunta, o director do Instituto de Estudos do Territorio de Galicia e o alcalde visitaron a reitoral de Ameixenda e...

Publicacións Relacionadas