Home Vigo Gondomar O PSdeG-PSOE esixe á Xunta do PP que deixe de buscar escusas...

O PSdeG-PSOE esixe á Xunta do PP que deixe de buscar escusas e acometa dunha vez o proxecto para frear as inundacións en Gondomar

- Anuncio -

Elena Espinosa: “Levan 4 anos dilatando un plan de máxima urxencia que, ademais, está aprobado e financiado con fondos FEDER”

A candidatura socialista reclama tamén a paralización inmediata do “imposto á chuvia”, que ameaza con levar á quebra técnica aos concellos como Gondomar cunha EDAR xestionada por Augas de Galicia

A candidatura do PSdeG-PSOE da provincia ás eleccións do 18F esixiu en Gondomar á Xunta do PP que “dunha vez poña en marcha o proxecto para paliar as inundacións no casco urbano de Gondomar, que ano tras ano provocan graves danos na vila do Val Miñor en época de chuvias debido ás enchentes dos ríos Miñor e Zamáns. A número 1 da candidatura, Elena Espinosa, acompañada do candidato Carlos Font, número 2 da lista, ademais do alcalde Paco Ferreira e integrantes da Executiva local, visitaron as zonas do concello que de forma recorrente sofren esta situación “debido á falta de xestión, capacidade e vontade política do goberno galego do PP que leva 4 anos cun proxecto aprobado sen que comecen as obras”.  

Espinosa lamentou que a Xunta “abandone a este concello simplemente por que non gañou a alcaldía, en comparación cos municipios onde goberna cos que asina convenio tras convenio”. A número 1 da candidatura esixiu á Xunta que solvente un “problema histórico en Gondomar e que deixe de buscar escusas culpando ao Concello cando ten os terreos a súa disposición e á empresa adxudicataria contratada para as obras. “Que explique á veciñanza porque non acomete dunha vez o proxecto que, amais, esta financiado por fondos Feder nun 80%”, sinalou. A candidata invitou á Xunta a dicir cal é o plan de infraestruturas que ten previsto sen interferir na calidade viaria que ten agora mesmo o Concello e que se poña a traballar para dar resposta a unha necesidade urxente que segue sen ser solucionada despois de tantos anos co PP no goberno galego”

O despropósito do “imposto á chuvia”

A candidatura do PSdeG-PSOE tamén esixiu á Xunta do PP a paralización inmediata do canón da auga que no caso de 35 municipios galegos que teñen unha EDAR xestionada por Augas de Galicia como Gondomar, Nigrán ou Baiona entre outros, lles obriga a abonar unha taxa que, como explicou o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, vai levar a estes concellos a unha verdadeira “quebra técnica”.

Este canon supón que cando chove as filtracións da rede de saneamento, “que tamén realizou mal a Xunta”, van directamente á EDAR o que supón un incremento de caudal que Augas de Galicia factura aparte e cobra a cada Concello. Ferreira cualificou este canon “como un disparate e un atraco a man armada, que xa denunciou a Fegamp”, e puxo de exemplo o caso de Gondomar que no último ano recibiu unha liquidación de case medio millón de euros por este concepto. “É inasumible e vergoñento que, amais de todas as competencias impropias que asumimos os concellos, como o SAF, o CIM, os gastos en colexios, ou a dependencia, nos castiguen desta forma levándonos á ruína. Teñen que paralizar xa esta taxa, rematou. Que asuman as súas competencias en auga e que fagan os investimentos que teñen que facer”.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas