Home Ourense A Limia O Grupo Popular nos concellos Xinzo, Porqueira e Transmiras reclama solucións ao...

O Grupo Popular nos concellos Xinzo, Porqueira e Transmiras reclama solucións ao Goberno de Sánchez sobre o financiamento do Plan de Regadío

- Anuncio -

· Instan ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a que promova un cambio lexislativo que permita non repercutir o IVE non deducible aos regantes e, no caso de que este non fora posible, asumir a financiación do 80% de dito IVE

· Tamén piden que o Ministerio revise o esquema de financiamento do convenio para evitar que os regantes teñan que avalar o montante total do seu investimento

O Grupo Popular nos concellos de Xinzo, Porqueira e Trasmiras levarán aos plenos municipais dos seus respectivos territorios unha moción na que reclaman ao Goberno de Sánchez solucións a o financiamento do Plan de Regadío.

Na moción solicítanse tres puntos de acordo. Por una banda, instar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a que promova un cambio lexislativo que permita non repercutir o IVE non deducible aos regantes e no caso de que este non fora posible, asumir a financiación do 80% de dito IVE. Tamén reclaman ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que revise o esquema de financiamento do convenio para evitar que os regantes teñan que avalar o montante total do seu investimento. E, ademais, instan á Xunta de Galicia e á Deputación de Ourense a que asuman a financiación do 20% do IVE da actuación, no caso de que non se acade o cambio lexislativo que permita a súa non repercusión.

Argumentan os populares que A Limia é unha potencia agropecuaria na nosa comunidade, polo que a modernización do seu regadío “vai máis aló da necesidade inquebrantable da sustentabilidade da actividade levada a cabo alí”.

O compromiso adquirido polo Goberno galego permitiu dar continuidade a aposta a prol da optimización do regadío da comarca da Limia e, en particular, de catro comunidades de regantes –San Salvador de Sabucedo, Lamas-Ganade, Corno do Monte e Alta Limia–, principais beneficiarias da construción de 40 pozos para a captación de augas subterráneas (2.576 hectáreas que beneficiarán a 1.822 agricultores) e da instalación do sistema de bombeo, próximo á súa finalización.

Estas actuacións supuxeron un investimento de 7 millóns de euros de fondos autonómicos e grazas a ditas actuacións este proxecto pode continuar co seu desenvolvemento. Ao mesmo tempo, foi o Goberno galego o que negociou a inclusión do proxecto no programa nacional de modernización do regadío 2021-2027, que segundo datos de Ministerio de Agricultura, conta cun investimento global superior aos 2.340 millóns de euros e pretende actuar en arredor de 700.000 hectáreas. Desta cantidade, o que se destina ao proxecto da Limia, 35 millóns de euros, so representa un 1,5%. No convenio firmado coa comunidade de regantes o goberno central asume o financiamento do 80% do investimento, 28 millóns de euros, e os regantes asumen o 20% restante , 7 millóns, ademais da totalidade do IVE da actuación que non ten carácter deducible. E dicir, os regantes soportan o 41% do coste total.

O PP, ao carón dos produtores e regantes

O Partido Popular de Xinzo, Trasmiras e Porqueira está ao carón dos produtores e regantes “e por iso reivindicamos melloras que redunden no beneficio dos produtores desta comarca solicitando ao Goberno central un esforzo adicional que se traduza en novos investimentos para a mellora do regadío e que isto non supoña sobrecustos para os nosos veciños que se podan evitar”.

Os asinantes da moción piden un un compromiso adicional respecto de asumir a financiación do 80% do IVE, ou que se promova un cambio normativo para que non se repercuta o IVE ós regantes. Ao tempo, propoñen que se revise o esquema de financiamento do convenio para evitar que os regantes teñan que avalar o montante total do seu investimento, “o que suporá uns sobrecustos financeiros de preto de 2 millóns de euros”, explican os populares, que demandan tamén á Xunta e á Deputación “que colaboren nese esforzo adicional en apoio aos regantes, sufragando o 20% do IVE da actuación”.

Relacionadas

A Deputación de Ourense propón no Congreso Internacional de Termalismo de Archena un “programa...

0
O presidente #Luis Menor solicitou a colaboración doutras administracións, vilas termais e instalacións balnearias para ofertar un volume suficiente de prazas “e así chegar...

O PP de Ourense pon en marcha a súa campaña con motivo do 25N...

0
● A vicesecretaria de Igualdade, Elena Freijedo, recalca que con esta acción, os populares ourensáns “queremos poñernos do lado das mulleres vítimas de violencia,...

A execución da senda peonil á altura do Parque Barbaña obriga ao traslado provisional...

0
O postos de venda ambulante instalaranse no entorno da Praza de Abastos - rúas Tras Alameda, e baixada da Praza a carón do Rianxo...

A Deputación aposta polo baloncesto veterano federado co Torneo DepOUbasKet Másters +35

0
Xogadores e xogadoras da provincia e convidados de toda Galicia disputarán no Pazo Paco Pac mañá sábado, 23 de novembro, esta nova cita da...

A Xunta pon de relevo nos XIII Premios de AJE Ourense a estratexia de...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a directora-xerente de...

A Xunta impulsa medidas pioneras para a retencion e a atracción de talento para...

0
— José González destaca a fortaleza, a perseveranza e o compromiso desta entidade ao longo do seu case medio século de traxectoria, poñéndoa en...

Publicacións Relacionadas