Home A Coruña A Xunta e o concello de Ferrol formalizan o convenio para a...

A Xunta e o concello de Ferrol formalizan o convenio para a materialización do proxecto Ferrol Cidade do Deporte

- Anuncio -
  • O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde José Manuel Rey Varela asinaron hoxe o documento
  • Realizarase un investimento conxunto 18 millóns de euros para a renovación de instalacións deportivas na cidade e a creación dunha nova pista polideportiva na contorna rural

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asinaron hoxe o acordo para o desenvolvemento do proxecto Ferrol Cidade do Deporte. A iniciativa conta cun orzamento de 18 millóns de euros, que serán cofinanciados a partes iguais por ambas as administracións entre 2024 e 2027, para mellorar e poñer en valor as infraestruturas deportivas ferrolás. O obxectivo é fomentar o deporte entre a poboación do concello e da súa contorna, así como facilitar a súa práctica en todos os niveis.

O principal eixe de actuación concéntrase na enseada da Malata, con sete instalacións principais. Trátase do estadio do Racing Club de Ferrol; as pistas de skate; o recinto feiral FIMO; o campo de rugby, a pista de atletismo e as pistas de tenis; e o pavillón. Nestas instalacións prevense obras de reparación de carácter global, tanto no interior como no exterior, así como a rehabilitación de edificios e a mellora da súa accesibilidade.

Na contorna da Malata, en concreto na Cabana, proxéctase rehabilitar a cidade náutica, coa adecuación dos edificios e a instalación de dous embarcadoiros, así como a reparación do pavimento da súa pista polideportiva.

Ademais destas instalacións, preténdese reformar outras na contorna urbana do  concello para adecualas ás novas necesidades e á normativa. Trátase do campo de fútbol de Caranza, o complexo deportivo da Gándara e os pavillóns polideportivos de Santa Mariña, o Ensanche e a Casa do Deporte, así como a piscina de Caranza.

A maiores, para promover a actividade deportiva na contorna rural, crearase unha nova pista polideportiva cuberta en Mandiá.

Relacionadas

A Xunta nomea os membros do Comité Galego de Xustiza Deportiva co inicio do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu ao acto de renovación deste organismo enmarcado na Lei do Deporte de Galicia O conselleiro de Presidencia,...

Galicia solicita no Senado a revisión do nivel de protección do lobo e que...

0
Ángeles Vázquez insiste na necesidade de adoptar medidas ante a situación insostible que está a soportar o sector gandeiro polo elevado número de ataques...

A Xunta pon en marcha a sexta edición da campaña escolar Pilabot para concienciar...

0
— Os 150 colexios de Primaria e Secundaria participantes terán seis semanas lectivas para xuntar este tipo de residuos, con prazo límite ata o...

Maxestuosa actuación do alumnado da Escola Municipal de Danza co Crebanoces

0
A elevada calidade artística do alumnado da Escola Municipal de Danza quedou patente unha vez máis esta tarde en Mera, no Auditorio Gabriel García...

Juan Ignacio Borrego, na visita do CLIAC á Cociña Económica: “Pola súa empatía, as...

0
A rapazada que integra o Consello Local da Infancia da Coruña visitou esta tarde as instalacións do comedor social na rúa Socorro, acompañados polo...

O BNG de Oleiros preguntará no vindeiro pleno polas novas analíticas que declaran...

0
Após o tanque de tormentas, de 4 millóns de euros, continúa como zona vetada ao baño Falaba a  Xunta da Galiza aló polo ano de...

Publicacións Relacionadas