Home Pontevedra A Lama A Deputación aproba as primeiras achegas do Plan +Provincia: 800.000 € para...

A Deputación aproba as primeiras achegas do Plan +Provincia: 800.000 € para que sete concellos contraten a 81 persoas desempregadas

- Anuncio -

“En menos dun mes dende que abrimos o prazo para solicitar fondos do +Provincia estamos xa a destinar recursos aos concellos, para seguir dando pasos nese modelo de pontes tendidas e de avance para o conxunto da provincia”, asegurou Luis López

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar as primeiras achegas do Plan + Provincia: 802.000 euros para que os concellos de Arbo, Fornelos de Montes, A Lama, Moraña, Poio, Pontecesures e Soutomaior contraten a 81 persoas desempregadas para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais. “En menos dun mes dende que abrimos o prazo para solicitar fondos do +Provincia –asegurou o presidente Luis López- estamos xa a destinar recursos aos concellos, para seguir dando pasos nese modelo de pontes tendidas e, en xeral, de avance para o conxunto da provincia”.

Ao detalle, tal e como explicou o presidente, o concello de Arbo recibirá 98.000 euros para contratar a 13 persoas desempregadas que traballarán como peóns forestais (9), operarios de servizos xerais (2) e no servizo de Axuda no Fogar (2). Pola súa banda Fornelos de Montes beneficiarase de 90.000 para contratar a 9 persoas que ocuparán os postos de condutores (5), limpadores (2), oficial tractorista (1) e socorrista (1). Tamén serán 9 as persoas que contrate A Lama, con 111.000 euros da Deputación de Pontevedra, para executar tarefas como peóns forestais (4), operarios (3), peón de limpeza (1) e auxiliar administrativo (1).

Pola súa banda, Moraña recibirá 104.500 euros ao abeiro da liña 3 do Plan +Provincia para contratar a 7 persoas desempregadas que ocuparán os postos de peóns forestais (4), peón transportista (1), monitor de servizos á comunidade (1) e tractorista (1). Poio, con 200.000 euros, contratará a 19 persoas como limpadores (4), operarios de servizos múltiples (3), subalternos (2), técnicos de turismo (2), condutores (2), oficiais electricistas (2), peóns de obras públicas (2), traballador social (1) e auxiliar de clínica (1).

Pontecesures contratará a 5 persoas con 82.000 euros da Deputación para traballar como peóns de obra pública (2), arquitecto (1), limpador (1) e auxiliar de xardinaría (1). Finalmente Soutomaior recibirá 119.000 euros ao abeiro da liña 3 do Plan +Provincia para contratar a 19 persoas desempregadas que ocuparán os postos de peóns forestais (10), varredores (4), oficiais albaneis (3), auxiliar administrativo (1) e auxiliar de biblioteca (1).

O presidente da Deputación de Pontevedra recordou que o Plan + Provincia, destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, está dotado con 48,2 millóns de euros e distribuído en catro liñas a 1, centrada en investimentos, con 33,74 millóns de euros; a 2, de amortización de débedas, con 4 millóns de euros; a 3, para activación de emprego, con 9,25 millóns de euros; e a 4, novidosa, para redactar proxectos de transformación da mobilidade en zonas rurais e urbanas, dotada con 1,2 millóns de euros.

Relacionadas

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

Baiona mantén a súa Cabalgata o domingo pola tarde

0
O domingo 5 de xaneiro está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visiten Baiona subidos nas súas maxestosas carrozas e...

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas...

0
O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

O Porriño prepárase para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no...

0
● 120 personas acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a partir das 17:30 h no pavillón municipal ● Os Reis Magos chegarán no Tren do...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo...

0
A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e...

Publicacións Relacionadas