Home Pontevedra O Salnés Luis López: “Vilagarcía foi o concello no que a Xunta máis investíu...

Luis López: “Vilagarcía foi o concello no que a Xunta máis investíu da provincia, por detrás das dúas cidades, con 85,6 millóns nesta lexislatura e imos superar esta cifra no mandato 2024-2028”

- Anuncio -

● O presidente do PP Provincial participou esta mañá nunha visita á feira de Vilagarcía cos candidatos Raúl Santamaría, María Deza e María Martínez, a voceira Ana Granja e outros membros do PP local e anunciou que hai comprometidos 47,7 millóns entre este ano e 2025

● O tamén presidente da Deputación contrapuxo os fondos a Vilagarcía por parte da Xunta cos de Carmela Silva desde e o organismo provincial, “xa que mentiulles aos vilagarciáns, e así se veu nas municipais, posto que foron dez veces máis desde o Goberno galego”

● Luis López destacou a forte aposta social do PP por Vilagarcía cunha achega de 3,6 millóns anuais para o SAF, os bonos coidados ou a gratuidade das escolas infantís e tamén no eido educativo cunha partida de 31,7 millóns por curso para os 4.120 alumnos do ensino público

“Vilagarcía de Arousa foi o concello no que a Xunta máis investíu de toda a provincia de Pontevedra, só por detrás das dúas cidades de Vigo e Pontevedra, con 85.679.197 euros nesta lexislatura e imos superar esta cifra no mandato 2024-2028, porque o noso compromiso coa capital do Salnés é medible e irrenunciable”. Deste xeito, o presidente do PP Provincial, Luis López, valorou positivamente a labor do Goberno galego en Vilagarcía durante o seu percorrido, hoxe, no mercado da capital do Salnés xunto aos candidatos Raúl Santamaría, María Deza e María Martínez, a voceira Ana Granja e outros membros do PP local.

O tamén presidente da Deputación contrapuxo os fondos destinados a Vilagarcía por parte da Xunta cos que Carmela Silva transferíu ao municipio durante os seus oito anos ao fronte do organismo provincial, “xa que confirmou o maltrato do PSOE á capital do Salnés, posto que foi o concello ao que menos cartos adicou de toda a provincia, con 58 euros por habitante”.

Luis López advertíu tamén que a ex presidenta provincial “mentiulles aos vilagarciáns ao dicir que a súa institución era quen máis investía en Vilagarcía, pero nos números son teimudos e, fronte aos 8,7 millóns da anterior lexislatura da Deputación, a Xunta fixo investimentos ata dez veces máis elevados en Vilagarcía, por riba dos citados 85 millóns, e esas mentiras tan flagrantes foron detectadas polos veciños e confirmouse co resultado das municipais, algo que volverá a pasar o 18 de febreiro, data na que os vilagarciáns darán un masivo apoio ao PP como demostración da aposta clara da Xunta e de Alfonso Rueda por Vilagarcía”.

O presidente provincial do PP indicou que a Xunta “está na mellor das disposicións para superar estes elevados investimentos na vindeira lexislatura”, xa que ten comprometidos 47,7 millóns de euros en obras importantes para arrancar ou executar entre este ano e 2025, como a ampliación da EDAR, “que leva tristemente paralizada desde hai tres anos pola xestión socialista de Costa pero agardamos que se amañe canto antes”, a construción do novo Centro de Saúde, que está a piques de licitarse, ou a modernización integral do centro educativo de Fontecarmoa para a súa conversión en CIFP, como principais actuacións para o inicio de mandato.
“En todo caso, a actuación da Xunta coa xestión do PP será moito maior, xa que incluirá melloras en infraestruturas, centros educativos, economía, empresa e emprego, sanidade, deporte, política social… en definitiva, un traballo coral e un compromiso con Vilagarcía para superar, seguro, os 85,6 millóns de euros deste mandato”, sinalou, mentres alertou do “serio risco” de que estes grandes investimentos “se adien ou se paralicen cun multipartito de esquerdas pola falla de unidade e polos seus diferentes intereses e políticas, que é algo que todos sabemos e que detectamos á perfección polo que pasa entre o PSOE e o BNG no goberno local desta cidade”.

Luis López tamén se detivo na forte aposta social do PP en Vilagarcía desde o Goberno galego, xa que detallou que inxectan cada ano neste municipio un total de 3.613.142 euros para Axuda no Fogar, bonos coidados, gratuida das escolas infantís con 500 nenos beneficiarios, Atención Temperá, Inclusión Social e o Plan Concertado. “As partidas sociais da Xunta permiten atender a máis dun milleiro de vilagarciáns cada ano e a cifra podería ser maior se o Concello non tivera a 155 persoas en lista de agarda no SAF, que son bastantes máis das 104 que atende e que demostra o nulo compromiso do PSOE coas políticas de coidado aos nosos maiores”, significou.

Finalmente, tamén revelou que a Xunta destina cada curso 31,7 millóns de euros para o funcionamento integral dos centros educativos públicos de Vilagarcía, que acollen a 4.120 cativos e aos que se destinan 7.700 euros de media por ano, “o que supón a terceira cifra máis alta de entre todas as comunidades autónomas”.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas