Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación estudará a cesión de terreos ao Concello do Carballiño para...

A Deputación estudará a cesión de terreos ao Concello do Carballiño para a construción dun novo campo de fútbol para o C.D. Arenteiro

- Anuncio -

A parcela da institución provincial, situada na Uceira, acollería un Complexo Deportivo que permitirá ter mellores instalacións ás máis de 400 persoas que xogan ao fútbol no Carballiño

A Deputación de Ourense estudará a proposta formulada polo Concello do Carballiño para a cesión dunha parcela de titularidade provincial, necesaria para desenvolver o proxecto de construción dun complexo deportivo na zona da Uceira, que tamén incluiría un novo campo de fútbol para o C.D. Arenteiro.

Así o vén de comunicar o presidente da Deputación, Luis Menor ao goberno municipal do Carballiño, que solicitou por escrito a colaboración da institución provincial para levar a cabo este proxecto.

O concello carballiñés quere construír neste complexo deportivo un campo que cumpra cos requisitos esixidos pola Federación española de Fútbol para a categoría Primeira RFEF, na que actualmente compite o Club Deportivo Arenteiro. Entre este requisitos figura unha capacidade para 4.000 persoas sentadas, grada perimetral e iluminación axeitada. Ademais, a nova área deportiva daría servizo a máis de 400 persoas que xogan ao fútbol no Carballiño, ofrecendo unhas instalacións máis adecuadas.

O Concello do Carballiño deberá presentar á Deputación un proxecto do complexo deportivo para que se poida comprobar á posibilidade de cesión desta parcela, xa que na actualidade dá servizo á institución provincial cunha nave que habería que reubicar.

Relacionadas

Adrián Vázquez pon en valor o traballo desenvolvido polo do PP en Europa para...

0
·        O candidato lembrou a enorme importancia desta actividade en territorio galego, “que se reflicte no feito de que o 39,9% dos viticultores de España...

Luis López garante o apoio da Deputación ao sector agrogandeiro da provincia pola súa...

0
O presidente provincial referiuse á medidas de soporte como as subvencións ás cooperativas, a colaboración coa Semana Verde ou Feira Deza ou a asistencia...

A Deputación avanza na mellora da seguranza viaria na estrada provincial entre A Ramallosa...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, percorreu co alcalde de Nigrán, Juan González, a zona da estrada provincial EP-2106 na que se está...

Rafa Domínguez percorre co mellor publicista do século XX, Lluis Bassat, o Museo de...

0
O vicepresidente da Deputación amosou o orgullo de acoller “a unha das persoas máis influentes da publicidade no Museo” porque “deixar pegada en Bassat...

O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, inaugura o X Congreso Nacional de Pacientes Crónicos...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no acto de inauguración do X Congreso Nacional de Pacientes Crónicos organizado pola...

A Deputación continúa esta fin de semana co programa “+Convivencia” con saídas de dúas...

0
Serán preto de 130 as persoas que poderán desfrutar das excursións o sábado e o domingo, 54 da Asociación A Costa de Silleda e...

Publicacións Relacionadas