Home A Coruña Luís Lamela presenta o seu libro “A loita dos perdedores” este xoves...

Luís Lamela presenta o seu libro “A loita dos perdedores” este xoves 8 de febreiro no Museo do Traxe de Ordes

- Anuncio -

Evento organizado pola Asociación Cultural Inquedanzas, en colaboración co Concello de Ordes, para homenaxear aos once veciños do municipio que foron fusilados en Boisaca ese mesmo día de 1937

A Asociación Cultural Inquedanzas, en colaboración co Concello de Ordes, organiza a presentación do libro “A loita dos perdedores. Razón e xénese da guerrilla antifranquista en Galicia”, do historiador Luís Lamela. Un acto no que estará acompañado polo escritor Antonio Campos Romay e que terá lugar no Museo do Traxe de Ordes este xoves 8 de febreiro, a partir das 19:15 horas. A entrada é totalmente libre e de balde.

Con esta presentación, a Asociación Cultural Inquedanzas pretende homenaxear un ano máis aos once veciños de Ordes que foron executados o 8 de febreiro de 1937 no camposanto compostelán de Boisaca: Ángel Jesús Caamaño, José García Fernández, José Iglesias Vilariño, Manuel Moure Rey, Andrés Nogareda, Paulino Pérez García, José Pérez Sanmartín, os irmáns José e Manuel del Río Pampín, José Vázquez Mandayo e Benito Vilariño Liste. Once labregos, mestres, carteiros, ferroviarios, perruqueiros… veciños de Ordes que foron fusilados polo simple delito de pensar diferente.

Un bando, o dos perdedores da guerra, que recolle fielmente o historiador corcubionés no seu libro “A loita dos perdedores. Razón e xénese da guerrilla antifranquista en Galicia”, editado en outubro de 2023 por Edicións Laiovento, tanto en formato físico como dixital. Un ensaio de 302 páxinas que pretende axudar a crear unha imaxe máis humana e equilibrada da loita guerrilleira antifranquista.

Luís Lamela (Corcubión, 1945) é un dos pioneiros na restauración histórica da memoria do franquismo e o antifranquismo en Galicia dende unha actividade investigadora que comezou no ano 1987, labor polo que ten recibido distincións como o Premio Faro Nerio (2006) ou o Premio de Honra de Radio Nordés (2011). Tamén ten colaborado en xornais e revistas como La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, Unión Libre ou Anuario Brigantino.

“A loita dos perdedores” é o seu segundo ensaio en galego, despois de “A represión da masonería viguesa” (2008, A Nosa Terra) e unha decena de ensaios en castelán sobre vítimas da represión franquista como Pepe Miñones, Antonio Fernández Pita, Foucellas, Manuel Ponte Pedreira…

Relacionadas

Colisión entre dous vehículos na AP – 9, no punto quilométrico 21.500, no Concello...

0
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ordes participaron esta tarde nun accidente entre dous vehículos na AP - 9, no punto quilométrico 21.500,...

Ames e Brión clausuran o obradoiro de emprego Renova VI, no que 20 persoas...

0
Os Concellos de Brión e Ames clausuraron esta mañá o obradoiro de emprego dual “Renova VI”, no que se formaron a 20 persoas en...

Ponteceso liquida as facturas atrasadas do subministro eléctrico das anualidades 2022 e 2023

0
 O pleno aprobou un recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de case 175.000 euros para saldar impagos do anterior goberno municipal. O Concello de...

Ribeira prohibe as violencias machistas

0
Hoxe celebrouse a presentación dos diferentes e variados actos para a conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero no Concello de Ribeira...

Na reunión tamén se tratou a organización dous actos conmemorativos do centenario dá fundación...

0
O Concello volve cooperar coa Confraría de Pescadores de Caión non financiamento dous gastos derivados dá apertura ao público e ou mantemento dás instalacións...

O concello e a confraría de Caión renovan o convenio de colaboración para o...

0
Na reunión tamén se tratou a organización dos actos conmemorativos do centenario da fundación do pósito. O Concello volve cooperar coa Confraría de Pescadores de...

Publicacións Relacionadas