Home Terra de Celanova Celanova Mariano Rajoy: “Aquí en Ourense as cousas sempre se fixeron moi ben,...

Mariano Rajoy: “Aquí en Ourense as cousas sempre se fixeron moi ben, gañando as eleccións, e estou seguro que esta vez vai volver a ser así”

- Anuncio -

O líder dos populares na provincia, Luis Menor, proclamou que “temos un rigor e unha orde que non podemos perder, por iso somos referencia en España e exemplo para os gobernos doutras comunidades. Pídennos no resto de España que poñamos freo ao que está a ocurrir en España”

A cabeza de lista popular, Elena Rivo, recalcou que “o Partido Popular de Galicia ten un balance nos últimos 15 anos do que podemos sentirnos orgullosos. Esta é a Galicia que funciona, a Galicia que non para”, destacando que, a nivel local e comarcal, “coa mellora do Parque empresarial de Celanova, a ampliación da EDAR ou o proxecto de mellora da OU-540 ata a fronteira con Portugal, reafirmamos o noso compromiso coa Terra de Celanova e coa vertebración e dinamización do noso rural”

Un ateigado auditorio Ilduara, en Celanova, con máis de 400 persoas, acolleu o mitin dos populares no que participaron o presidente de honra do Partido Popular, Mariano Rajoy; o líder dos populares na provincial, Luis Menor; os candidatos Elena Rivo e José Luis Ferro; e o presidente local do PP, Pablo Pérez.

Mariano Rajoy sinalou que “aquí en Ourense as cousas sempre se fixeron moi ben, gañando as eleccións, e estou seguro de que esta vez vai volver a ser así”. De feito, Rajoy deixou claro que “Galicia seguirá tendo un presidente que é unha persoa sensata, tranquila, con experiencia sobrada, que sabe do que fala, que ten palabra, que cumpre o que promete, que non di tonterías, e que se ten revelado como un extraordinario presidente”.

Pola súa banda, o presidente provincial do PP, Luis Menor, proclamou que “temos un rigor e unha orde que non podemos perder, por iso somos referencia en España e exemplo para os gobernos doutras comunidades. Pídennos no resto de España que poñamos freo ao que está a ocurrir en España”.

No tocante á cabeza de lista da candidatura dos populares ourensáns, Elena Rivo, fixo fincapé en que “o Partido Popular de Galicia ten un balance nos últimos 15 anos do que podemos sentirnos orgullosos. Esta é a Galicia que funciona, a Galicia que non para”, destacando que, a nivel local e comarcal, “coa mellora do Parque empresarial de Celanova, a ampliación da EDAR ou o proxecto de mellora da OU-540 ata a fronteira con Portugal, reafirmamos o noso compromiso coa Terra de Celanova e coa vertebración e dinamización do noso rural”.

Relacionadas

Luis Menor traslada á Asociación Centro Comercial Aberto O Barco o apoio da Deputación...

0
Os directivos do CCA O Barco deron a coñecer proxectos como a pasarela de moda que celebrarán proximamente e outras actividades de dinamización na...

Luis Menor destaca a xestión e o tratamento da auga da comarca de Valdeorras...

0
O presidente da Deputación de Ourense participou nunha visita ás instalacións da EDAR de A Rúa, onde se lidera o proxecto Ruagua para impulsar...

A Deputación ofrece 25 propostas culturais “diversas e de calidade” dentro da programación semestral...

0
O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, puxo en valor esta infraestrutura cultural como “vital para garantir o dereito de acceso á...

O presidente da Deputación reúnese coa alcaldesa de A Rúa para escoitar as demandas...

0
Luis Menor e María González Albert mantiveron un encontro de traballo na Casa Consistorial de A Rúa para repasar os proxectos de colaboración da...

Recepción no Pazo Provincial aos representantes da plataforma ProCAPD

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, recibiu esta tarde no Pazo Provincial a unha delegación da plataforma ProCAPD, dando así resposta á...

A Real Academia Galega presenta a ‘Guía de apelidos galegos’, unha ferramenta en liña...

0
· O buscador que incorpora a web da RAG rexistra máis de 6.000 apelidos que abranguen o 95 % da poboación galega · Proporciona de...

Publicacións Relacionadas