O presidente do honra do PPdeG, Mariano Rajoy, acompañado polo presidente provincial popular, Luis Menor, e os membros da candidatura ourensá encabezada por Elene Rivo, realizou esta mañá un percorrido pola cidade de Ourense, que incluíu as rúas do centro da capital e o barrio de Couto. Durante o seu percorrido numerosas veciñas e veciños achegáronse ata o presidente de honra dos populares galegos para conversar con el e transmitirlle o apoio á opción de goberno que lidera Alfonso Rueda.