Home O Salnés A Illa de Arousa A Deputación destina máis de 2,3 millóns de euros para que 15...

A Deputación destina máis de 2,3 millóns de euros para que 15 concellos da provincia contraten a 172 persoas desempregadas ao abeiro do Plan +Provincia

- Anuncio -

Benefícianse destes recursos os concellos de Caldas, Covelo, A Illa de Arousa, Lalín, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos, O Porriño, Redondela, Rodeiro, O Rosal, Silleda, Tui e Vila de Cruces

Luis López: “Nun mes temos concedido xa 3,1 millóns para que 22 concellos da provincia poidan contratar a 253 persoas. Trátase de algo máis do 33,5% da liña 3 do Plan + Provincia”

Pazo provincial, 9 de febreiro de 2024. A Deputación acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar máis de 2,3 millóns de euros para que 15 concellos da provincia contraten a 172 persoas desempregadas ao abeiro da liña 3,de activación do emprego, do Plan + Provincia. Benefícianse destes recursos Caldas, Covelo, A Illa de Arousa, Lalín, Mondariz, As Neves, Oia, Pazos, O Porriño, Redondela, Rodeiro, O Rosal, Silleda, Tui e Vila de Cruces. “Nun mes –remarcou o presidente provincial Luis López- temos concedido xa 3,1 millóns para que 22 concellos da provincia poidan contratar a 253 persoas. Trátase de algo máis do 33,5% da liña 3 do Plan +Provincia, dotada con 9,25 millóns de euros, polo que seguimos dando pasos cara adiante nese modelo de pontes tendidas e de avance da provincia”.

Nesta Xunta de Goberno aprobouse destinar 337.000 € a Lalín para contratar a 21 persoas que se ocuparán de desempeñar postos de traballo de peóns de obras públicas (6), peóns forestais (4), peóns albaneis (4), auxiliares administrativos (2), condutores de tractores (2), condutor de pala (1), auxiliar de información turística (1) e técnico superior informática (1).

Redondela beneficiarase de 240.000€ da liña 3 do Plan +Provincia para contratar a 15 persoas como peóns de obras públicas (10), guías turísticos (3) e axudantes de servizos (2). No caso de Tui, as achegas ascenden a 219.000€ para contratar a 16 persoas que ocuparán os postos de peóns de horticultura (14), oficial carpinteiro (1) e oficial fontaneiro (1).

Pola súa banda O Porriño, con 210.000 €, contratará a 17 persoas que traballarán como peóns forestais (6), conserxes (3), peóns de obras públicas (2), analista de xestión (1), publicista (1), auxiliar enfermeiro (1), oficial de albanelería (1), oficial de soldador (1) e oficial de carpintería (1). Silleda recibirá 165.000€ para contratar a 10 persoas como peóns de obras públicas (7), tractoristas (2) e condutor de camión (1). E Caldas de Reis 150.000 euros para contratar a 7 persoas como peóns de limpeza (2), oficiais albaneis (2), peón de obra pública (1), condutor maquinista (1) e enxeñeiro forestal (1).

No caso de Vila de Cruces, beneficiarse de 146.000 euros da Liña 3 do Plan +Provincia para contratar a 10 persoas desempregadas como peóns de obras forestais (4), albaneis (2), condutores (2), operario de retroescavadora (1) e operario de maquinaria (1). A achega para O Rosal ascende a 123.000€ para 9 persoas que traballarán como peóns de limpeza (4), oficiais de obras (3), auxiliar de axuda no fogar (1) e oficial electricista (1). E outros 122.000 euros irán a Rodeiro para que poida contratar a 12 persoas como peóns de servizos múltiples (4), peóns de servizos diversos (3), técnicos de educación infantil (2), educación social (1), traballo social (1) e monitor socorrista (1).

Preto de 120.000 recibirá As Neves para que 8 persoas traballen no concello como operarios forestais (2), peóns de recollida de lixo (2), peóns de obras públicas (2), xardineiro (1) e fontaneiro (1). Máis de 110.000€ para que Covelo contrate a 14 persoas como peóns forestais (8), peóns de limpeza (2), condutores de camión (2), carpinteiro (1) e auxiliar administrativo (1). E outros máis de 110.000€ para que Mondariz poida contar con 8 persoas traballadoras como operarios de desbroces (4), operarios de recollida de lixo (2), auxiliar de axuda no fogar (1) e albanel (1).

Ademais, no marco destes recursos aprobados en Xunta de Goberno ao abeiro da liña 3 do Plan +Provincia, Oia recibirá 101.000€ para contratar a 7 persoas como peóns forestais (4), albaneis (2), condutor operario de maquinaria forestal (1); A Illa de Arousa 95.000 € para que 10 persoas traballen como operarios de servizos múltiples (8), auxiliar administrativo (1) e guía-informador turístico (1); e Pazos de Borbén 90.000 € para contratar a 8 persoas como peóns de obras públicas (3), peóns de servizos múltiples (2), oficiais de servizos múltiples (2) e auxiliar administrativo (1).

Relacionadas

O IES de Salvaterra inaugura o patio inclusivo dentro do seu I Festival das...

0
O pasado mércores o IES de Salvaterra de Miño organizou o I Festival das Letras Galegas, unha máis das actividades enmarcadas dentro do mes...

A Feira Abanca Semana Verde arrancou hoxe coas súas propostas máis profesionais

0
A Feira Internacional Abanca Semana Verde arrincou hoxe a súa 46ª edición, a cal foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Nesta...

Os mellores exemplares das razas autóctonas en perigro de extinción decidíronse hoxe na feira...

0
OS SEUS CONCURSOS MORFOLOXICOS TUVIERON LUGAR NO MARCO DESTE CERTAME MULTISECTORIAL, EN CUXA EXPOSICIÓN SE PODEN VER ESTES ANIMAIS DENDE HOXE E ATA O...

Nace o Observatorio da Xunqueira de Ramallosa, un proxecto pioneiro en accesibilidade e tecnoloxía...

0
Trátase dun proxecto promovido polo Concello de Gondomar financiado pola convocatoria Leader 2023-2024 a través de EuRural Favorecer o achegarse á natureza sen obstáculos físicos...

A Rosa de Mos inicia nova etapa tras médio século de historia

0
A 51 edición da festa trasládase ao Pazo de Mos e ten como pregoeira á influencer mosense Tamara García Esta mañá tivo lugar na contorna...

O BNG de Vigo agarda que a Xustiza poña luz na “chanchullada escura” que...

0
A fronte nacionalista agarda que o proceso xudicial que se vén de iniciar permita aclarar até o final o escándalo levantando a “xigantesca alfombra...

Publicacións Relacionadas