Home Pontevedra Deza A Xunta define a nave de Medio Rural en Botos, no concello...

A Xunta define a nave de Medio Rural en Botos, no concello de Lalín, como unha instalación estratéxica para a prevención e extinción de incendios forestais

- Anuncio -
  • O conselleiro salientou que se atopan nunha localización estratéxica, xunto á entrada da autopista e a autovía autonómica de conexión con Ourense e o resto da provincia
  • A edificación conta un taller mecánico centralizado para vehículos como todoterreos e motobombas e tamén incluíu a construción dun semisótano para destinalo a almacén loxístico
  • As actuacións realizadas están enmarcadas no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, que ten como fin mellorar o servizo público que presta a Administración no medio rural

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e polo alcalde de Lalín, José Crespo, realizou unha visita técnica á nave propiedade desta dirección no concello pontevedrés de Lalín, que vén de rematar as súas obras de reacondicionamento.

O conselleiro salientou a importancia dunhas instalacións destas características, que contribúen a previr incendios forestais e facilitar a súa extinción. Ademais, atópanse nunha localización estratéxica, xunto á entrada da autopista e a autovía autonómica de conexión con Ourense e o resto da provincia.

Nesta edificación sitúase un taller mecánico centralizado para vehículos como todoterreos e motobombas para parte do parque móbil da Dirección Xeral de Defensa do Monte. A reforma tamén incluíu a construción dun semisótano para destinalo a almacén loxístico, co fin de dar resposta ás necesidades internas do equipo, que precisaba novos espazos de almacenamento, arquivo e talleres que presten servizo ao operativo de extinción de incendios que traballa na contorna.

Nos terreos onde se localiza a nave principal reformouse unha edificación para poder empregala como punto de encontro para as brigadas do Distrito Forestal XVI Deza-Tabeirós. Tamén se configura como unha instalación para facer funcións de centro operativo de reunión e agarda de expedicións de bombeiros forestais e persoal nos desprazamentos de media distancia a incendios, así como base para os postos de mando avanzado.

Cabe sinalar que estas actuacións están enmarcadas no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, que ten como fin mellorar o servizo público que presta a Administración no medio rural.

Relacionadas

A Xunta apoia a contratación de 15 novos doutorandos para que poidan desenvolver a súa tese en...

0
― A Consellería de Ciencia inviste case preto de 2 millóns de euros na cuarta edición deste programa, que suma xa máis de 61...

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

A Xunta impulsa o establecemento de sinerxías entre otalento universitario e o ecosistema emprendedor galego no marco da Rede...

0
— O Executivo galego promove a conexión entre empresas emerxentes galegas, asesoradas no marco da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego,...

O 061 de Galicia reitera a importaancia de extremar as precaucións nos desprazamentos por...

0
 No Nadal do ano pasado Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 319 chamadas por accidentes de tráfico, que xeraron 252 asistencias e a atención...

O Diario Oficial publica hoxe as novas inclusións e actualizacións de méritos nas bolsas...

0
Trátase da relación refundida e actualizada das persoas integrantes das listas correspondentes ás subescalas de Secretaría-intervención, Secretaría e Intervención-tesourería O Diario Oficial de Galicia publica...

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

Publicacións Relacionadas