O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá o comedor social Voluntarias de la Caridad de San Vicente de Paúl, en Marín. Durante o encontro, puxo en valor o traballo desta entidade en atender diariamente ás persoas que se atopan en situación de especial vulnerabilidade.