Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Cubela pide aos veciños de Cerdedo-Cotobade un “apoio masivo” a Alfonso Rueda...

Cubela pide aos veciños de Cerdedo-Cotobade un “apoio masivo” a Alfonso Rueda para manter os elevados investimentos tras recibir 15,9 millóns da Xunta na derradeira lexislatura

- Anuncio -
  • O alcalde e deputado provincial alerta do “serio risco de parálise das achegas e castigo ao Concello” cun multipartito de esquerdas e solicita o voto ao PP para “superar os 4 millóns de euros anuais que inviste a Xunta no noso municipio durante o vindeiro mandato 2024-2028”
  • A candidata pola Coruña e conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, anuncia que se vai seguir traballando para completar a humanización de Tenorio e que está a piques de licitarse a segunda fase do saneamento, que beneficiará a Covas, A Torre Vella e Río Tenorio

O alcalde de Cerdedo-Cotobade e voceiro do PP na Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, pediulle publicamente á veciñanza de Cerdedo-Cotobade que preste un “apoio masivo” a Alfonso Rueda nas eleccións do 18 de febreiro para que revalide a presidencia de Xunta “e se manteña, con toda a potencia, o elevado rimo de investimentos” que se están a acometer no Concello desde o Goberno galego, cifrados en 15.926.878 euros euros na derradeira lexislatura.

“Os veciños de Cerdedo-Cotobade teñen que elixir entre un presidente como Alfonso Rueda e un partido que ten a máxima sensibilidade e cumpre sempre coas demandas deste municipio ou un multipartito de esquerdas que non ten as súas preferencias neste concello e co que se corre un risco serio e real de parálise e castigo dos moitos investimentos en marcha e dos que se proxectan para o futuro”, sinalou Cubela.

O alcalde especificou esta mañá, nun mitin que ateigou a Casa do Pobo de Tenorio e no que tamén participou a candidata pola Coruña e conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, que o compromiso do PP desde a Xunta con Cerdedo-Cotobade materializouse na derradeira lexislatura en investimentos “por case 4 millóns de euros anuais pola grandísima colaboración de Alfonso Rueda”. Por elo, e dado que ritmo de investimentos é claramente crecente, Jorge Cubela solicitou o voto para o Partido Popular o vindeiro domingo “para ter un Goberno galego próximo ás necesidades de concellos de rural e interior, coma o noso, que é algo que só pode ofrecer o PP fronte ao desleixo das forzas de esquerdas con esta terra, e para superar esta cifra de investimentos  a prol dos nosos veciños durante o vindeiro mandato 2024-2028

Jorge Cubela tamén tivo palabras de agradecemento cara a conselleira de Infraestruturas, á que calificou como “a nosa concelleira número 11, xa que sempre está pendente e dispostas coas nosas demandas” e enumerou as importantes accións en materia de saneamento, como o de Tenorio, sendas peonís ou estradas impulsadas pola titular autonómica.

Máis obras en infraestruturas

Pola súa banda, Ethel Vázquez reiterou o seu compromiso con Cerdedo-Cotobade e animou á mobilización “para manter en Galicia un goberno estable, ilusionado, con experiencia, que sempre defende a Galicia e liderado por Alfonso Rueda”, que contrapuxo “aos agravios dos socialistas desde o Goberno de Pedro Sánchez e ao risco de que Galicia caia en mans dun multipartito de catro ou máis partidos, que xa sabes como acaba como padecemos cos catro anos do bipartito”.

A candidata coruñesa rexeitou “o modelo independentista de Cataluña quere implantar en Galicia” como sinónimo de inestabilidade e avogou por apostar decididamente “pola Galicia que funciona de Alfonso Rueda”.

Finalmente, e xa en clave local, a conselleira anunciou que se vai seguir traballando para completar a humanización de Tenorio e que están a piques de licitarse as obras da segunda fase do saneamento desta parroquia, que beneficiará aos lugares de Covas, A Torre Vella e Río Tenorio.

Relacionadas

Luis Menor presenta en Celanova a primeira audioguía dixital multimedia da provincia que une...

0
O presidente provincial recalcou o carácter innovador desta iniciativa da Deputación, e visitou tamén en compañía do alcalde, Antonio Puga, e membros da Corporación...

As novas tecnoloxías e o ocio electrónico serán protagonistas no medio centenar de actividades...

0
• Competicións, obradoiros, conferencias, xogos ou zonas con simuladores e videoconsolas conformarán algunhas das propostas desta 24ª edición da party • Esta cita terá lugar...

Galicia Suroeste dá un novo paso cara á transparencia e a sostibilidade

0
O grupo de desenvolvemento rural aprobou na súa asemblea xeral a Declaración Institucional en materia antifraude como parte das súas accións como xestor do...

A Deputación de Pontevedra dedica aos olímpicos e paralímpicos da provincia a Gala do...

0
A gala , que a institución provincial está a organizar na cidade da oliveira, centrarase nun recoñecemento aos participantes nos Xogos de París, cunha...

Preto de 2.000 atletas lánzanse á pista no Rosal no Cros Escolar en horario...

0
Organizada por Agrudebam en colaboración co Concello e co CPI Manuel Suárez Marquier dentro do programa Xogade, a actividade conta coa participación de alumnado...

Salvaterra de Miño contará cun curso de aplicador de fitosanitarios

0
O Concello de Salvaterra de Miño anuncia que os días 13, 14, 15 e 16 decembro desenvolverase na Casa do Conde un Curso nivel...

Publicacións Relacionadas