Home A Coruña A Xunta amplía o programaXantar na Casa en Coristanco ata as 15...

A Xunta amplía o programaXantar na Casa en Coristanco ata as 15 prazas

- Anuncio -

— Con esta ampliación dáse resposta á demanda detectada polos servizos sociais municipais, que son os encargados de seleccionar aos beneficiarios

— A través desta iniciativa, garántese unha alimentación san e equilibrada durante toda a semana a maiores que viven sos, persoas dependentes ou que están en risco de exclusión social

A Xunta de Galicia amplía en 5 prazas máis o programa Xantar na Casa en Coristanco para chegar a ata un máximo de 15 beneficiarios, entre maiores que viven sos, persoas dependentes ou que están en risco de exclusión social. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o alcalde, Juan Carlos García Pose, asinaron hoxe o novo convenio de colaboración para ampliar o número de usuarios deste programa.

Perfecto Rodríguez sinalou que este incremento de prazas evidencia á boa acollida que está a ter este servizo e que se trata de dar resposta á demanda detectada polos servizos sociais do Concello, que son os encargados de seleccionar aos usuarios. A Xunta encárgase de financiar o 50% do custe da comida, mentres que a outra metade corre a cargo do Concello e dos usuarios a partes iguais.

Así mesmo, o xerente do Consorcio explicou que a comida repártase nos domicilios nunha única entrega para todos os días da semana —incluídos sábados, domingos e festivos—, polo que o destinatario soamente ten que quentala antes de consumila. Ao usuarios do programa tamén se lles facilitan os electrodomésticos que necesiten no caso de que careza deles, como neveira e microondas.

Relacionadas

Así de espectacular será este ano o Nadal en Carballo!

0
A carpa da Praza do Concello será “o centro neurálxico” do programa, que tamén encherá de actividade o Pazo da Cultura, o Fórum, as...

Inés Rey reclama un maior recoñecemento ás mulleres no eido gastronómico na presentación de...

0
A alcaldesa participou no acto de presentación do libro de Xavier Castro A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de presentación do libro...

Oito locais de hostalaría da Coruña optan á mellor tapa da cidade a través...

0
O xurado profesional seleccionou as creacións de oito locais, dun total de 44 participantes, con dez tapas elixidas para ser finalistas: cinco na modalidade...

O concello dá a benvida ao Nadal este xovés ás 18:30 horas co acendido...

0
Tamén se presenta a programación cultural municipal para as festas, que contará con moitas iniciativas para o público infantil e familiar. O Nadal chegará este...

Cinco Équidos habitarán o Castro de Montes Claros para realizar o control ecolóxico e...

0
A iniciativa é impulsada polo Concello coa colaboración da Asociación Pura Raza Cabalo Galego e Poni Club Galicia. Desde este mediodía o recinto do Castro...

Neda recibe este mércores a visita dun dos ‘foodtruck’ da campaña GALICIA SABE AMAR

0
Neda recibirá este mércores a visita dun dos foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR, destinada a promocionar os produtos do mar de Galicia, e...

Publicacións Relacionadas