Home A Coruña Moeche será a capital do queixo artesán na fin de semana do...

Moeche será a capital do queixo artesán na fin de semana do 16 e 17 de marzo

- Anuncio -

O Concello organiza a VI Feira do Queixo, que tamén acollerá a primeira feira estatal de queixarías artesás integradas en QueRed

O Concello de Moeche ten practicamente listo o programa da VI Feira do Queixo, que se celebrará os sábado 16 e o domingo 17 de marzo co obxectivo de poñer en valor este produto e reivindicar o papel do sector leiteiro. Este ano o evento amplíase a dous días para acoller a I Feira de Queixarías Artesás QueRed, organizada en colaboración coa rede estatal que engloba a máis de 300 pequenas produtoras e empresas relacionadas co mundo do queixo. Máis de 40 queixarías xa mostraron o seu interese en acudir á feira que se celebrará en Moeche, reunindo nun mesmo espazo firmas locais e galegas con outras chegadas de distintos puntos de España. O Concello publicou  hoxe mesmo as bases de participación e abriu o prazo de inscrición, que poderá formalizarse até o 27 de febreiro a través da Sede Electrónica municipal.

sábado 16 de marzo dedicarase a actividades sectoriais, como encontros profesionais, accións formativas e presentación tanto da rede como das queixarías integradas en QueRed como entidade enfocada no apoio aos pequenos obradoiros que apostan pola diferenciación e a calidade. Tamén se ofrecerán degustacións e haberá actuacións musicais que ambienten e animen ao mesmo tempo o primeiro día da feira. É importante reseñar que nesta primeira xornada non haberá venda ao público.

domingo 17 de marzo, día grande da VI Feira do Queixo e da I Feira de Queixarías Artesás QueRed, o recinto abrirá ás 10:00h para ofrecerlle propostas a todos os públicos: actividades para a rapazada, showcookings, catas, máis música, postos de artesanía e agroalimentarios e, por suposto, “a oportunidade de probar e mercar unha grande variedade de queixos procedentes de todas as partes do Estado”, avanza a alcaldesa, Beatriz Bascoy.

Ademais, como vén sendo habitual nas feiras do queixo, tamén haberá servizo discrecional do Tren do Queixo con saída e regreso á estación de Ferrol e visitas programadas ao castelo.

A organización da feira supón un reto loxístico para o Concello de Moeche, quen conta coa colaboración da Rede Española de Queixarías de Campo e Artesás xunto cunha achega económica da Deputación da Coruña, así como a axuda doutras entidades.

“O Concello  está traballando man a man coa QueRed, a quen xa lle facilitou unha relación de hospedaxes, tanto do concello de Moeche como limítrofes e da comarca para o aloxamento dos produtores e produtoras que participarán na feira. Ao longo destes últimos meses tamén procuramos apoio loxístico e económico para o desenvolvemento deste encontro estatal que supón unha grande oportunidade para o concello e para dar a coñecer tamén fóra os queixos que se fan aquí”, explica a rexedora.

O prazo de inscrición para os postos que desexen acudir á VI Feira do Queixo de Moeche – I Feira de Queixarías Artesás QueRed permanecerá aberto ata o día 27 de febreiro. A folla de solicitude e as bases de participación poden descargarse nas seguintes ligazóns.

Bases Feira do Queixo (galego)
Bases Feira do Queixo (castellano)
Solicitude (gal/cas)

Relacionadas

Judeline, Edurne, Nia, Merche e Paula Koops, primeiras confirmacións do Atlantic Pride 2025

0
O festival gratuíto e inclusivo celebrarase na Coruña entre o 6 e o 13 de xullo O Atlantic Pride quenta xa motores para a súa...

Ozuna actuará en exclusiva na Coruña como cabeza de cartel do Morriña Fest 2025

0
Os abonos sairán á venda este xoves 6 ás 13.00 horas O Morriña Festival 2025 suma un novo gran nome ao seu impresionante cartel: Ozuna....

Camariñas celebrará cinco días de Entroido por todas as parroquias

0
● O Concello publicou a programación de actos para o Entroido, que inclúe opción para todos os gustos e idades. ● O 2 de marzo...

O Concello pon en marcha os traballos de reconstrución da duna de Riazor tras...

0
Está previsto que a estrutura de area que protexe o Paseo Marítimo estea reparada esta semana O Concello comezou esta semana os traballos de reparación...

O Concello de Fene denuncia novos actos vandálicos nas pistas de atletismo de Barallobre

0
O Concello fai un chamamento ao civismo e retirará as casetas danadas, que veñen sufrindo varios ataques nos últimos meses O Concello de Fene vese...

O Concello organiza formacións de prevención de caídas para persoas maiores

0
O Concello vai organizar ao longo das diversas semanas unha formación para prevención de caídas dirixida ás persoas maiores de 65 que participan nas...

Publicacións Relacionadas