Home A Coruña Un parque infantil temático e xornadas sobre o marisco e marisqueo, as...

Un parque infantil temático e xornadas sobre o marisco e marisqueo, as iniciativas de Paderne para recuperar a cultura mariñeira

- Anuncio -

 O Concello logrou a concesión de 10.429 euros, dentro dunha liña de axudas da Consellería do Mar a proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP)

 O espazo infantil instalarase na Escola de Viñas nas vindeiras semanas unha vez chegue o permiso de Patrimonio

 Os alumnos e alumnas dos centros educativos da localidade contarán cunha charla sobre a fauna da ría e o traballo das mariscadoras

O Concello de Paderne logrou a concesión dunha liña de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP). Concretamente, o executivo local recibirá 10.429,01 euros que investirá na Recuperación da cultura mariñeira.

A Consellería do Mar aceptou así a proposta padernesa de instalar un parque infantil temático e desenvolver dúas xornadas sobre o marisco da ría e o traballo do marisqueo como método de recuperación desa cultura mariñeira.

Deste xeito, unha vez chegue nas vindeiras semanas o permiso de Patrimonio, a Escola Infantil de Viñas contará cun parque infantil mariñeiro que non só aumentará a oferta de ocio da instalación educativa, senón que suporá un xeito de que os pequenos e pequenas se acheguen ao mundo do mar de forma lúdica.

A maiores, a liña de axuda financiará dúas actividades de difusión da cultura mariñeira. Por unha banda, unha charla sobre os ‘Mariscos da Ría’ para os alumnos dos centros educativos da localidade que xa foi impartida. Por outra, unha charla futura na que os mariscadores e mariscadoras ensinarán aos estudantes sobre o traballo o seu xeito de traballar e que concluirá cunha degustación do marisco da ría.

Relacionadas

O Concello de Oleiros organiza unha ruta de desde a ría de Lires ata...

0
O Concello de Oleiros organiza unha ruta da Ría de Lires ao Cabo Fisterra enmarcada no programa Andares por Galicia, a cultura da natureza...

Case 2.200 corredores poderán participar este domingo na Carreira Popular dos Rosales

0
A proba absoluta comezará ás 10.00 horas na avenida Fernando Suárez García, xunto ao polideportivo municipal Este domingo celebrarase a XI Carreira Popular Os Rosales,...

O Concello de Neda licita os traballos de pavimentación da pista de Pename a...

0
O Concello de Neda vén de sacar a licitación as obras que incluirá no denominado Plan de mellora de camiños rurais 2024-2025. O goberno...

Obradoiro de iniciación ao stream e creación dun mural coa temática do San Xoán...

0
O Concello organiza un novos obradoiros nas Casas da Mocidade o día 7 e 8 de xuño: obradoiro de iniciación ao stream e creación...

XI edición do Xuño da Cultura e as Artes

0
A concelleira de Cultura, Antía Alberte, presentou hoxe a décimo primeira edición do Xuño da Cultura e das Artes, un programa que coordina a...

Manuel Ferreiro clausura o ciclo “Xornadas para familias” impartido por Anhida Coruña

0
O centro sociocomunitario de Frades acolleu na tarde de onte a derradeira charla do ciclo “Xornadas para familias”, organizadas pola asociación Anhida Coruña en...

Publicacións Relacionadas