Home Pontevedra Ponte Caldelas A Xunta licita por case 64.500 euros a redacción dos proxectos de...

A Xunta licita por case 64.500 euros a redacción dos proxectos de urbanización e parcelación da Central de Transportes de Ponte Caldelas

- Anuncio -

O obxectivo é adaptar a urbanización existente para facilitar a implantación de empresas de todo tipo e non só dedicadas ao transporte, como se prevía inicialmente

A Xunta destinará un investimento estimado de 64.493,12 euros na redacción dos proxectos de urbanización e parcelamento da Central de Transportes de Ponte Caldelas. Os interesados no contrato, cuxo procedemento de licitación se iniciou hoxe, poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 19 de marzo.
O ámbito da actuación, cunha superficie total de 86.964 metros cadrados, está situado nunha zona de suaves pendentes no entorno da cidade de Pontevedra que limita ao sur coa ampliación do polígono industrial de Reigosa, do que está separado pola estrada provincial de Reigosa-Pinto, e ao oeste co polígono industrial do Campiño.
O proxecto cuxa redacción foi licitada hoxe servirá para adaptar os terreos da Central de Transportes a usos industriais xenéricos. Cómpre lembrar que o ámbito está nunha situación de urbanización case completa, coas obras contempladas no proxecto sectorial practicamente rematadas. Así, o obxectivo da urbanización e parcelamento é adecuar as obras existentes ao aprobado na modificación puntual do proxecto sectorial e facilitar así o asentamento de empresas dedicadas a actividades diferentes do transporte.
En concreto, o proxecto urbanizador contemplará a adaptación das parcelas e da súa superficie para a introdución no deseño de beirarrúas adecuadas para o tránsito peonil, que se completarán cunha rede de sendas verdes; a mellora da mobilidade rodada, coa proposta dunha nova rotonda que flexibilizará os percorridos no interior do ámbito; a mellora da mobilidade alternativa grazas ás sendas verdes permitirán o uso peonil pero tamén a utilización da bicicleta no ámbito. A continuidade destas sendas no futuro permitirá favorecer con claridade outros tipos de mobilidade.
Así mesmo, tamén se mellorará a accesibilidade mediante a proposta dun acceso e unha saída novos pero sen introducir distorsións no sistema viario e aproveitando ao máximo a urbanización xa executada, e a integración medioambiental e ecolóxica das zonas verdes e áreas axardinadas no sistema viario.
En resumo, a proposta intentará aumentar as superficies de zonas verdes públicas, manter a superficie edificable prevista no mesmo e incrementar a reservada ao sistema viario, de xeito que se poidan resolver adecuadamente os distintos tipos de mobilidade.

Relacionadas

A desestacionalización do turismo en Tui consolídase en 2024

0
En decembro máis de 1000 persoas pasaron pola Oficina Municipal de Tui Máis de mil persoas pasaron no mes de decembro pola Oficina Municipal de...

O Punto Limpo de Mos elaborará estructurante para compost que a veciñanza poderá adquirir...

0
A iniciativa forma parte dun proxecto de mellora das instalacións, que inclúe tamén outra innovadora proposta: un mini punto limpo móbil que percorrerá as...

Un Concerto de Nadal das tres corais de Marín para festexar o inicio de...

0
Será no Templo Vello o 3 de xaneiro ás 20.00 horas e contará cun amplo repertorio musical  O 3 de xaneiro a partir das 20.00...

O Porriño posta pola xestión ética das colonias felinas co seu primeiro protocolo de...

0
O Concello licitou por primeira vez o servizo de captura, esterilización e solta de gatos e a xestión das súas colonias felinas que inclúe...

A Xunta mellora o Centro Ocupacional e de día do concello de Valga cun...

0
As actuacións son o resultado dos convenios de colaboración asinados entra ambas administracións no 2024Ademais das obras realizadas, concedeuse unha achega para a compra...

BNG exixe explicacións a Transportes ante as incidencias ferroviarias de inicio de ano

0
Néstor Rego avanza o rexistro de iniciativas para coñecer a que se deberon as incidencias en época de alta mobilidade e que aconteceu cos...

Publicacións Relacionadas