Home Ourense O Carballiño Rivo pon en valor os apoios da Xunta ás persoas traballadoras autónomas...

Rivo pon en valor os apoios da Xunta ás persoas traballadoras autónomas nun encontro con representantes do colectivo na comarca do Carballiño

- Anuncio -

― A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, participou en San Cristovo de Cea nun encontro onde se trataron as distintas convocatorias de axuda abertas, entre as que destaca este ano a cota cero para novas altas

― Falouse da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego -incluído o do Carballiño- e tamén das achegas á formación para dar resposta ás necesidades detectadas en distintos sectores ao tempo que se melloran as oportunidades laborais

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, mantivo hoxe en San Cristovo de Cea un encontro con representantes municipais e con persoas traballadoras autónomas da comarca do Carballiño, onde se explicaron os distintos apoios activos por parte da Xunta que se prevén unificar para facilitar a súa tramitación e resolución, segundo o anuncio feito polo presidente Alfonso Rueda.

Na reunión, a conselleira en funcións destacou a contribución dos autónomos da bisbarra do Carballiño á economía da provincia de Ourese e á galega. Para impulsar as novas altas, precisamente, está aberto o prazo de solicitude da cota cero, coa que o Goberno galego financia ao 100% a cota reducida dos novos autónomos durante os 12 primeiros meses. Tamén poden optar a achegas para os primeiros gastos da actividade, cun orzamento global de de 28,9 millóns de euros.

Así mesmo, están activos outros programas dirixidos aos traballadores autónomos: 8 millóns para conceder axudas de ata 7.000 euros co gallo de desenvolver melloras nos establecementos, 1,5 millóns para outorgar achegas de ata 8.000 euros para volver emprender tras o cese de actividade, 1,3 millóns de euros para a contratación por parte de autónomos de persoas traballadoras indefinidas ou 1 millón para que os autónomos con persoas ao seu cargo poidan contratar a alguén que os substitúan cando o precisen.
A maiores, pódense solicitar as axudas que -cun orzamento de 6,5 millóns de euros- buscan apoiar o emprendemento por parte de autónomos, mutualistas, pequenas e medianas empresas, sociedades cooperativas e laborais, así como de empresas de inserción e centros especiais de emprego. Cómpre sinalar outros apoios importantes como o programa Galicia Emprega, co que se mobilizan 17,5 millóns de euros para incentivar a contratación indefinida dos colectivos máis vulnerables.

Na xuntanza, houbo unha mención especial para a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, que presta asesoramento personalizado e gratuíto en centros como o establecido no Carballiño. Uns centros a través dos que se está a facilitar a remuda xeracional para garantir a supervivencia de moitos negocios, poñendo en contacto as persoas que os queren deixar coas interesadas en retomalos.

Axudas á formación

No encontro tamén se deu conta das axudas dispoñibles á formación, con dúas convocatorias que veñen de publicarse e que poden ser solicitadas por entidades locais ou doutro tipo, coa previsión de dotar logo de persoal empresas da contorna. Trátase da de obradoiros duais, con máis de 39,1 millóns de orzamento cos que se prevé beneficiar 1.820 persoas sen emprego a través da realización de 91 accións. Tamén da de programas mixtos de formación e emprego dirixidos a persoas mozas que, con case 6,6 millóns prevé beneficiar 240 persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil a través de 15 actuacións.

Tamén está aberta a convocatoria de 8 millóns de euros para que empresas galegas cualifiquen máis de 3.000 persoas desempregadas en 2024 a través dunhas 290 accións, con compromiso de contratar polo menos ao 60% do alumnado entre 6 e 12 meses e ao 40% no caso de relacións laborais de maior duración.

Cómpre aludir tamén ás microformacións que se seguirán realizando en colaboración cos clústeres, na liña do sistema de microcredenciais polo que avoga Europa, que permite actualizar competencias de xeito áxil e mellorar as oportunidades laborais dos participantes ao tempo que se dá resposta ás necesidades detectadas en distintos sectores.

Relacionadas

Rueda felicita ao sector turístico por contribuír a reforzar a Calidade de Galicia como...

0
— Recorda que a comunidade lidera as certificacións Q e S de Calidade e Sustentabilidade Turística — Destaca o bo momento do sector en Galicia,...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de maio de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de maio, no que se...

Unha vintena de centros desenvolven este curso unha ópera como proxecto educativo da man...

0
— O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, clausura a xornada que pon fin ao programa ‘LÓVA (A ópera, un vehículo...

A Xunta destaca a aposta de Galicia polo acollemento familiar

0
Arredor dun milleiro de nenos e adolescentes vulnerables crecen no seo de familias acolledoras, o que lles permite medrar nun fogar normalizado O director xeral...

A Xunta salienta o éxito dos programas EduInspira e EduIndustria para promover o emprendemento entre...

0
— A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, participa na clausura destas iniciativas, impulsadas pola Cámara de Comercio da Coruña e a Xunta — A...

A Xunta recoñece a excelencia de 106 universitarios cos Premios fin de carreira

0
— O 62% dos estudantes recoñecidos son mulleres e, do total de premiados, 52 pertencen á Universidade de Santiago, 35 á de Vigo e...

Publicacións Relacionadas