Home A Coruña A praga da pataca afecta a varias parroquias de Carral

A praga da pataca afecta a varias parroquias de Carral

- Anuncio -

· As de Cañás e Paleo foron declaradas como nova zona infestada

· Beira, Quembre, Sergude, Tabeaio e Vigo decláranse zonas tampón ao ser parroquias lindeiras coas infestadas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución pola que se actualizan as zonas demarcadas pola presenza da praga da couza guatamalteca da pataca.

Durante as prospeccións realizadas producíronse novas deteccións desta praga, que está a afectar a distintas parroquias do Concello de Carral.

Este feito obriga a declarar as parroquias de Cañás (Santa Baia) e Paleo (Santo Estevo) como novas zonas infestadas.

Os agricultores destes lugares deberán presentar a documentación esixida na publicación do DOG nun prazo de 20 días hábiles, é dicir, do 28 de febreiro ao vindeiro 26 de marzo.

Por un lado, a declaración de existencias de pataca almacenada, que será retirada polos servizos oficiais para proceder á súa destrución por considerarse material contaminado. Os titulares deberán desinfectar o lugar de almacenamento.

Por outro lado, a declaración de parcelas cultivadas, cuxas patacas deberán ser desenterradas e retiradas baixo control oficial.

Ademais, pasan a ser declaradas zonas tampón as parroquias de Beira (Santa Mariña), Quembre (San Pedro), Sergude (San Xián), Tabeaio (San Martiño) e Vigo (San Vicente), ao tratarse de parroquias lindeiras coas zonas infestadas.

Os agricultores destas zonas deberán comunicar, con praza límite o 1 de abril, todas as parcelas cultivadas con pataca.

Desde o Concello de Carral póñense a disposición da veciñanza para resolver calquera dúbida ao respecto, podendo contactar directamente chamando ao 981 67 00 02 e preguntando polas áreas de Medio Ambiente e Medio Rural.

Acceso ao DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240227/AnuncioG0426-210224-0001_pt.html

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas