Home A Coruña Alternativa levará ao pleno de febreiro unha moción sobre a precariedade no...

Alternativa levará ao pleno de febreiro unha moción sobre a precariedade no servizo de pediatría en Arteixo

- Anuncio -

Alternativa dos Veciños presentou unha moción sobre a precariedade no servizo de pediatría nos centros de saúde de Arteixo, que se tratará no pleno ordinario de febreiro que se celebrará o próximo xoves día 29.

Alternativa dos Veciños denuncia que os recortes e precariedade imposta no sistema sanitario público de Galicia polo Goberno autonómico, están a provocar graves carencias na atención e na prestación
deste servicio público. Nin os nosos nenos e nenas están a librarse das gravísimas carencias de recursos técnicos e principalmente humanos.

“Debemos ter en conta, que a día de hoxe, os centros de saúde de Vilarrodís e Meicende seguen a compartir o servizo de pediatría, deixando sen cubrir o servizo de maneira alterna, mentres que o novo pediatra incorporado ao Centro de Saúde de Arteixo ten que compartir sala e alternar consulta cun médico de familia como consecuencia de non haber dispoñible ningunha sala, cando podería estar pasando consulta no Centro de Saúde de Vilarrodís onde hai salas libres e mesmo algunha xa está habilitada para o servizo de pediatría. Isto, tamén axudaría a desconxestionar o Centro de Saúde de Arteixo e a mellorar o servizo de pediatría no Centro de Saúde de Vilarrodís, que actualmente só conta con un día á semana con atención de pediatría” apunta a Voceira de Alternativa dos Veciños, Noelia Martínez Canosa .

“Tamén, a día de hoxe, o PAC de Arteixo segue sen contar cun/ha pediatra que cubra este servizo en horario de urxencias, provocando isto que os nenos e nenas comprendidos en idade de 0 a 14 anos teñan que ser atendidos por un/unha médico/a de medicina xeral en vez de por un/unha médico/a especialista en pediatría ou, que na maioría dos casos, teñen que ser derivados ao Materno Infantil da Coruña, o cal supón graves prexuízos para os pacientes que son derivados e que se ven abocados a longos períodos de espera, para as familias que se teñen que desprazar utilizando medios e recursos propios e, tamén para o Hospital Materno Infantil que na maioría dos dias do ano atópase colapsado como consecuencia da precariedade e do mal funcionamento na atención primaria.” explica Noelia Martínez.

“E é por isto, que o Grupo Municipal de Alternativa dos Veciños, presentamos unha moción ao pleno de febreiro para que sexa aprobada previo debate e así, solicitarlle á Xerencia da Área Sanitaria que estude a posibilidade de que un/unha dos/as pediatras do Centro de Saúde de Arteixo pase a consultar no Centro de Saúde de Vilarrodís, xa que así tería unha sala propia e habilitada para o servizo de pediatría e, tamén axudaría a desconxestionar o Centro de Saúde de Arteixo e a mellorar a atención no Centro de Saúde de Vilarrodís e a evitar a alternancia do servizo de pediatría nos centros de saúde de Meicende e Vilarrodís. E tamén, solicitarlle á Xerencia a incorporación dun/ha pediatra para o PAC de Arteixo” matiza a voceira de Alternativa.

Relacionadas

O concello reactiva o comercio local coa segunda edición doprograma de bonos “Eu Merco...

0
1.333 laracheses poderán acceder a unha chequeira de 30 euros para descontar as súas compras no pequeno comercio larachés. O Concello volve mostrar o seu...

Reeabertas á circulación as vías forestais de Montemair que foran danadas pola realización de...

0
A Policía Local emitiu un informe no que se determina que o estado actual permite a circulación en condicións de seguridade. O Concello informa da...

O alumnado do CPI Cruz do Sar expón a súa visión de Bergondo a...

0
· Os nenos e nenas expuxeron e leron as creacións realizadas durante os talleres impartidos pola artista bergondesa Dores Tembrás. O alumnado de 5º e...

O Museo Valle-Inclán pobrense conmemora o Día Internacional dos Museos con visitas comentadas e...

0
No 18 de maio conmemórase o Día Internacional dos Museos e, por tal efeméride, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal ofrece unha acción...

Carnota conmemora o Día Internacional dos Museos coa apertura da Caseta de Pepe do...

0
Esta revolucionaria instalación, á que se accede co móbil a través dun código QR, poderá ser visitado durante as 24 horas deste sábado, 18...

Belén do Campo reúnese con Juan Carlos García e destaca os investementos por case...

0
A delegada lembrou que o municipio se beneficia dunha axuda da Xunta de máis de 285.000€ para a creación dun punto limpo preto de...

Publicacións Relacionadas