Home Xunta de Galicia A Xunta de Galicia e o concello da Coruña impulsan a declaración...

A Xunta de Galicia e o concello da Coruña impulsan a declaración BIC para a protección dos murais de Urbano Lugrís na rúa Olmos

- Anuncio -

— A Consellería de Cultura prepara a incoación do expediente para declarar as pinturas como Ben de Interese Cultural logo de recibir os informes realizados polo Concello para levalo a cabo

— Búscase así darlles a máxima protección patrimonial baixo o interese común de garantir a súa integridade, a súa permanencia na cidade e o acceso público

 A Xunta de Galicia e o Concello da Coruña impulsan a declaración BIC para a protección dos murais de Urbano Lugrís na rúa Olmos. A Xunta de Galicia prepara xa a incoación do expediente para declarar Ben de Interese Cultural (BIC) a serie de murais de Urbano Lugrís situados no baixo comercial dun edificio da rúa Olmos da cidade da Coruña. Farano utilizando tamén os informes desenvolvidos a este respecto polo Concello da Coruña e que remitiu no día de onte logo de conversas entre ambas administracións.
Representantes da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e do Concello da Coruña estiveron en contacto nas últimas horas para traballar en común neste asunto, coincidindo ambas na súa relevancia e interese para A Coruña e para Galicia. Co obxectivo de impulsar dita declaración, a Consellería púxose en contacto co Concello para solicitar a documentación dispoñible, avaliar a declaración e avanzar na mesma.

Os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural están xa analizar a documentación remitida por parte do Concello, que unirán a que xa ten o propio Goberno autonómico, co fin de proceder a incoar a declaración BIC deste conxunto do artista coruñés.

Deste xeito, búscase dar a máxima protección patrimonial a estas obras en base ao seu valor artístico e orixinalidade, tendo en conta ademais o interese común por manter as obras na cidade da Coruña, a importancia de que non se disgreguen e se manteñan xuntas no futuro, no marco do actual proceso concursal en marcha, así como a posibilidade de que sigan sendo públicas, garantindo o acceso a cidadanía en calquera situación.

Relacionadas

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente...

0
A conselleira María José Gómez asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que este é...

A Xunta convoca hoxe as probas de avaliación en competencias clave para acceder á...

0
A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglésEstá dirixida a persoas que...

A Xunta salienta que o Censo do patrimonio marítimo servirá de base para elaborar...

0
— Ángeles Vázquez indica que esta iniciativa, que é desenvolvida pola Universidade da Coruña con financiamento do Goberno galego, permitirá ofrecer datos clave para...

A Xunta designa o trbunal para as probas de aptitude profesional para exercer como...

0
o longo de 2025 haberá oito convocatorias en distintas categorías co obxectivo de  acadar os certificados profesionais para a condución de distintas categorías de...

Belén do Campo anima aos alumnos de Secundaria a participar no Concurso #PARQUEVIBRAS creando...

0
― A delegada destacou que esta nova iniciativa busca dar a coñecer entre a mocidade galega os seis parques naturais de Galicia para concienciar...

Publicacións Relacionadas