Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación de Ourense destinará 750.000 euros ao Concello de Toén no...

A Deputación de Ourense destinará 750.000 euros ao Concello de Toén no mandato 23-27 a través do Plan CooperOU

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo hoxe no Pazo Provincial unha reunión de traballo co alcalde de Toén, Ricardo González, para analizar as accións a desenvolver nestes próximos catro anos entre ambas administracións

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo hoxe no Pazo Provincial unha reunión de traballo co alcalde de Toén, Ricardo González, para analizar as accións estratéxicas a desenvolver neste mandato entre ambas administracións. Co novo plan de Cooperación da Deputación de Ourense, o Concello de Toén recibirá este ano un orzamento de 177.000 euros da institución provincial. Este investimento irase incrementando en cada exercicio e permitirá ao Concello de Toén “dispoñer de 750.000 euros no mandato 2023-2027”, destacou Luis Menor.

Durante o encontro, analizaron os proxectos que se van a desenvolver e que amosan “unha gran planificación para lograr os obxectivos marcados desde as diferentes áreas de traballo do Concello de Toén”, salientou o presidente provincial. Máis concretamente, Luis Menor explicou que en materia de infraestruturas abordouse a mellora de estradas provinciais como a que une Toén e Xestosa e a de Moreiras e Trelle. Ademais, este ano comezarán as obras do novo campo de fútbol municipal e continuarase co Plan Urbe en Moreiras onde se contempla a creación dun parque municipal.

No apartado cultural, o presidente provincial e o rexedor de Toén abordaron a “Casa do Pai Miño”, un proxecto estratéxico para toda a provincia que rende homenaxe á identidade do río Miño, “polo que trataremos de que se impliquen neste proxecto outras administracións”, asegurou Luis Menor.

Relacionadas

A Deputación presenta en Lalín os programas de Acción Comunitaria que deixarán 2,4 millóns...

0
O presidente provincial Luis López, xunto co deputado Javier Tourís, lembrou que o ano pasado beneficiáronse destes programas 14 colectivos veciñais e unha comunidade...

Luis López anuncia unha nova edición mellorada da “academia” de pilotos +Talento Motor tralo...

0
O presidente provincial avanza un incremento do orzamento na beca, cuxo prazo de solicitudes abrirá este xoves ata o 19 de febreiro, para pilotar...

Luis Menor traslada á Asociación Centro Comercial Aberto O Barco o apoio da Deputación...

0
Os directivos do CCA O Barco deron a coñecer proxectos como a pasarela de moda que celebrarán proximamente e outras actividades de dinamización na...

Luisa Sánchez remarca a estreita relación entre Castelao e Vigo na conmemoración do 75...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de participar nos actos organizados no IES Castelao de Vigo para conmemorar o 75 aniversario...

A Deputación organiza novas saídas do programa Lecer en familia coa participación de preto...

0
As estancias programadas este 31 de xaneiro e 1 de febreiro levarán a familias de 14 concellos ao Gran Talaso Hotel Sanxenxo, o Hotel...

A Deputación leva este venres á Guarda o circuíto +Escénicas con “De algo hai...

0
O espectáculo para todos os públicos poderá verse ás 21:00 horas no Salón de actos do Centro Cultural +Escénicas é un novo circuíto da institución...

Publicacións Relacionadas