Home A Coruña A Xunta levará a cabo este verán a substitución da cuberta...

A Xunta levará a cabo este verán a substitución da cuberta do Instituto IES A Sardiñeira, na Coruña, cun investimento de 414.000 euros

- Anuncio -

O conselleiro Román Rodríguez pon en valor o labor pedagóxico que desenvolve este instituto a través de espazos como a aula tecnolóxica ou o seu xardín botánico

A Xunta de Galicia vai acometer este verán a obra de substitución da cuberta do Instituto IES A Sardiñeira, na Coruña, para o cal destina un orzamento de arredor de 414.000 euros. Así o sinalou esta mañá o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades en funcións, Román Rodríguez, nunha visita a este centro do barrio dos Mallos no que cursan os seus estudos uns 550 estudantes de ESO, Bacharelato e FP.

Segundo explicou, nestes momentos está na fase de adxudicación o proxecto para a substitución das cubertas co obxectivo de que a obra se execute durante o verán “aproveitando ao máximo o período non lectivo estival”. Esta obra vaise centrar no edificio que pertencía a un antigo colexio e que, posteriormente, se incorporou ao actual instituto.

Durante a visita ao centro, Román Rodríguez tivo ocasión de coñecer de primeira man labor pedagóxico que o profesorado deste instituto co seu equipo directivo á cabeza desenvolve en espazos como o seu xardín botánico ou a aula tecnolóxica. De feito, esta aula, que empregan os alumnos dos ciclos formativos, foi acondicionada grazas a un investimento de 20.500 por parte da Consellería.

Moi activo en programas educativos
O titular do departamento de Educación aproveitou para agradecer o traballo e a implicación do centro nos distintos programas educativos que poñe a disposición a Consellería no ámbito dixital, plurilingüe e de convivencia.

Non en balde, o centro conta con Polo Creativo, participa no Club de Ciencias, nos Contratos-Programa, no Plan Proxecta e no plan de reforzo Proa+. Tamén conta con auxiliares de conversa en inglés e en francés; participa activamente nos intercambios escolares de lingua, e destaca no seu dinamismo a prol da convivencia positiva nas aulas a través de grupos de traballo de convivencia e mediación escolar.

Relacionadas

A Xunta nomea os membros do Comité Galego de Xustiza Deportiva co inicio do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu ao acto de renovación deste organismo enmarcado na Lei do Deporte de Galicia O conselleiro de Presidencia,...

Galicia solicita no Senado a revisión do nivel de protección do lobo e que...

0
Ángeles Vázquez insiste na necesidade de adoptar medidas ante a situación insostible que está a soportar o sector gandeiro polo elevado número de ataques...

A Xunta pon en marcha a sexta edición da campaña escolar Pilabot para concienciar...

0
— Os 150 colexios de Primaria e Secundaria participantes terán seis semanas lectivas para xuntar este tipo de residuos, con prazo límite ata o...

Maxestuosa actuación do alumnado da Escola Municipal de Danza co Crebanoces

0
A elevada calidade artística do alumnado da Escola Municipal de Danza quedou patente unha vez máis esta tarde en Mera, no Auditorio Gabriel García...

Juan Ignacio Borrego, na visita do CLIAC á Cociña Económica: “Pola súa empatía, as...

0
A rapazada que integra o Consello Local da Infancia da Coruña visitou esta tarde as instalacións do comedor social na rúa Socorro, acompañados polo...

O BNG de Oleiros preguntará no vindeiro pleno polas novas analíticas que declaran...

0
Após o tanque de tormentas, de 4 millóns de euros, continúa como zona vetada ao baño Falaba a  Xunta da Galiza aló polo ano de...

Publicacións Relacionadas