Home A Coruña A Xunta adquire tres parcelas en Monfero e completa a primeira ampliación...

A Xunta adquire tres parcelas en Monfero e completa a primeira ampliación da superficie pública do Parque Natural Fragas do Eume

- Anuncio -

― Esta compravenda, de algo máis de 2,9 hectáreas, súmase á realizada o pasado 13 de febreiro e entre as dúas engaden preto de cinco hectáreas aos terreos propiedade do Executivo galego neste espazo protexido

― Ángeles Vázquez lembra que a Administración autonómica reservou un orzamento de 1,1 M€ para a compra de fincas nesta zona e que nos vindeiros meses está prevista a consecución de novos lotes para incorporar entre 40 e 75 hectáreas máis

A Xunta de Galicia completou hoxe a adquisición do primeiro lote de seis parcelas de titularidade privada, cunha superficie total de preto de cinco hectáreas, que pasan a formar parte dos terreos de propiedade pública do Parque Natural Fragas do Eume. Fíxoo trala compra de tres parcelas situadas no concello de Monfero que suman máis de 2,9 hectáreas.

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, asinou hoxe a escritura de compravenda desas tres propiedades que se engaden a outras tres adquiridas o pasado 16 de febreiro -dúas no concello de Cabanas e unha nas Pontes de García Rodríguez- cunha superficie total de algo máis de dúas hectáreas.

A responsable autonómica explicou que este espazo natural conta xa cun Plan de uso e xestión e que o obxectivo da compra destes terreos é realizar actuacións de conservación e restauración de zonas de máximo interese desde o punto de vista ecolóxico eliminando e retirando especies invasoras e mellorando a continuidade das masas de frondosas autóctonas.

Neste sentido, Ángeles Vázquez lembrou que a Xunta habilitou un orzamento de 1,1 millóns de euros para afrontar este tipo de adquisicións e que na actualidade o Executivo galego ten localizadas unhas 400 parcelas -que suman 200 hectáreas- para avaliar a súa posible compra. De feito, está previsto adquirir novos lotes de parcelas nos vindeiros meses cos que a superficie pública no Parque Natural Fragas do Eume medraría -en función da dimensión final dos terreos incluídos- entre 40 e 75 hectáreas.

O Goberno autonómico considera de vital importancia a realización de actuacións que persigan tanto incrementar a superficie pública de bosques e a súa recuperación como asegurar a conservación da natureza a través do mantemento dos procesos ecolóxicos, a preservación da biodiversidade dos ecosistemas e a aplicación de medidas que garantan a singularidade da paisaxe e a restauración de recursos naturais degradados.

Estas medidas enmárcanse no compromiso da Xunta de facer compatible a protección e preservación dos valores, hábitats e principais especies de flora e fauna que alberga este territorio cunha actividade económica sostible.

O Parque Natural Fragas do Eume atópase nunha zona de marcada influencia oceánica entre o medio litoral do esteiro do Eume e as montañas nas que nace o devandito río. Estas características explican por que é, a día de hoxe, unha das mostras máis importantes dos bosques sublitorais galegos e un dos poucos bosques atlánticos ben conservados de Europa.

Estrada ao mosteiro
Ángeles Vázquez, que estivo acompañada pola directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, tamén informou dos traballos de urxencia que está a facer a Xunta na estrada que une o centro de interpretación do parque natural co mosteiro de Caaveiro. Neste sentido, explicou que se están a facer traballos de limpeza de cunetas, desaugadoiros e de retirada de restos existentes na contorna -pólas de árbores e rochas de grandes dimensións- e que a continuación se procederá a facer novos desaugadoiros así como ao arranxo das fochas existentes no firme.

A vicepresidenta segunda en funcións explicou que o Executivo galego acordou asumir as actuacións de mellora na zona ante as dificultades para determinar quen é o titular da estrada e tras constatar que os contactos mantidos coas outras administracións implicadas -a Deputación da Coruña, o Goberno central e os concellos da contorna- para esclarecer o asunto non permitían avanzar na busca dunha solución ao seu deterioro, que dificulta o tránsito pola zona dos visitantes.

Relacionadas

O Concello de Fene convida ao acto de izado da bandeira galega en San...

0
O evento terá lugar este sábado, 23 de novembro, ás 12h, e forma parte dun acto expansivo que se desenvolverá en concellos de todo...

Marián Ferreiro entregou ao padelista Iago Fuertes Leonardo o premio ao Mellor Deportista de...

0
O Pazo da Cultura foi novamente esta noite o escenario no que se desenvolveu a Gala do Deporte de Narón, que alcanzou a súa...

O Consorcio Provincial da Coruña aproba o convenio de colaboración co Concello de Arteixo...

0
• Segundo o acordo o goberno local asumirá a cesión da parcela e a edificación das novas instalacións, moito máis acordes para a correcta...

O Concello de Frades reclámalle a Sanidade que garanta unha atención de calidade nos...

0
O alcalde solicitou unha entrevista co conselleiro de Sanidade para buscar unha solución definitiva ás incidencias no servizo, que se traducen en atrasos nas...

A Pobra premiará as vivendas mellor decoradas polo Nadal

0
Un ano máis, as vivendas mellor decoradas da Pobra do Caramiñal terán premio co V Concurso de Embelecemento de Balcóns e Fachadas no seo...

Leiva actuará o próximo 12 de xullo no ciclo Coruña Sounds 2025

0
O Goberno de Inés Rey volve a apostar polas grandes actuacións musicais na cidade durante o verán Leiva actuará na cidade no verán do 2025...

Publicacións Relacionadas