Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta destinará case 130.000 € a eliminar especies exóticas invasoras en...

A Xunta destinará case 130.000 € a eliminar especies exóticas invasoras en Cíes, Ons e Sálvora no marco do proxecto europeo LIFE Insular

- Anuncio -

Cunha vixencia de 33 meses, o contrato dálle continuidade aos labores realizados xa en 2022 e 2023 nos tres arquipélagos galegos co fin de implementar unha estratexia de conservación sostible dos hábitats de dunas costeiras e de queirogais secos europeos

A Xunta destinará un total de 129.893,50 euros, IVE incluido, á eliminación de especies exóticas invasoras nas illas Cíes, Ons e Sálvora do Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
O contrato para a execución destes traballos, que acaban de adxudicarse e se desenvolverán durante os próximos 33 meses, enmárcanse no chamado LIFE Insular, un proxecto transnacional cofinanciado con fondos europeos no que participan España e Irlanda e que busca acadar a restauración integrada de hábitats insulares do Atlántico.
Concretamente, as actuacións centraranse nas dunas grises fixas e no seu hábitat de contacto para garantir que manteñan un estado de conservación favorable. Para lograr estes obxectivos, a iniciativa prevé executar sobre o terreo unha serie de medidas centradas nos tipos de hábitats insulares 2130 e 4030, correspondentes ás dunas costeiras con vexetación herbácea e aos queirogais secos europeos (brezais).
Ademais, este novo contrato permitirá darlle continuidade aos labores iniciados en 2022 e acometidos tamén durante o ano pasado nos arquipélagos de Cíes, Ons e Sálvora sobre a flora terrestre exótica invasora (acacias, margarida africana, etc.) e que inciden de forma moi beneficiosa no estado de conservación dos hábitats antes mencionados.
A tal fin e de aquí a novembro do ano 2026, a adxudicataria terá que ocuparse da realización de accións para a mellora da estrutura e da funcionalidade dos tipos de hábitats propios destas illas a través da eliminación e control de flora invasora, mediante a aplicación de métodos manuais.
Illas máis resilientes fronte ao cambio climático
Cómpre lembrar que o obxectivo principal do proxecto LIFE Insular é promover un estado de conservación favorable dos hábitats de illas pertencentes á Rede Natura 2000 e localizadas no Océano Atlántico, ao tempo que se aumenta a súa resiliencia como medida de adaptación fronte ao cambio climático.
Neste sentido, búscase minimizar a medio e longo prazo o impacto que poden causar as posibles perturbacións externas sobre as zonas de actuación —risco de vendavais, erosión eólica catastrófica…— e buscarase tamén avanzar cara a unha recuperación da paisaxe natural destas illas co reto de reverter a situación á que había 70 anos atrás.
En concreto, o LIFE Insular pon o foco de atención sobre oito Zonas de Especial Conservación (ZEC) localizadas en cinco illas que son —ademais das tres galegas xa citadas— La Graciosa, en Canarias, e Irlanda.
A Universidade de Santiago de Compostela actúa como coordinadora do proxecto, mentres que o Goberno galego, a través da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, se encarga da execución técnica, tal e como se recolle no convenio asinado no ano 2022 entre ambos organismos. Os outros socios participantes son o Organismo Autónomo de Parques Nacionais, por parte española, e o Department of Housing, Local Government and Heritage e o Coillte CGA, pola irlandesa.

Relacionadas

A Xunta fai oficial a conversación da Escola de Cantería de Galicia nun Centro...

0
— O DOG publica o decreto co que a Consellería de Educación impulsa o centro, que suma catro novas titulacións e a contratación de...

Xosé Merelles loa o papel do Fesival Trece Roeis, que dinamiza a oferta turística...

0
O director de Turismo de Galicia visitou os espazos onde se desenvolve a cita que alcanza este ano a súa quinta edición co apoio...

Galicia situouse en xullo como o primeiro destino turístico do norte peninsular e o...

0
Os datos do INE feitos públicos hoxe constatan que a Comunidade galega destacou en volume de noites na totalidade dos establecementos de aloxamento O pasado...

O FICBueu volve contar coa colaboración da Xunta para unha nova edición con 15...

0
O certame de curtas de Bueu é unha das 10 citas cofinanciadas en 2024 pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da...

A Policía Autonómica realizou máis de 8.600 inspeccións e tramitou 1.600 denuncias relacionadas con...

0
A meirande parte da actividade centrouse na prevención e investigación de incendios forestais, con 7.755 inspeccións e 1.497 denunciasAdemais da loita contra o lume,...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

Publicacións Relacionadas