Home Ourense A Limia Menor pon en valor a importancia da cooperación, “con obras que melloran...

Menor pon en valor a importancia da cooperación, “con obras que melloran a vida dos veciños”, como é o caso da estrada OU-1104 entre Trasmiras e Vilar de Barrio

- Anuncio -

O presidente provincial comprobou a evolución dos traballos dunha obra, dixo, “fundamental para garantir a mobilidade segura”

A Deputación de Ourense está a realizar os traballos de acondicionamiento e mellora integral na OU-1104 Viladerrei (N-525) – Vilar de Barrio, no Concello de Trasmiras. Esta obra conta cun importe de adxudicación de 116.496,54 euros

A Deputación de Ourense está a realizar os traballos de acondicionamiento e mellora integral na OU-1104 Viladerrei (N-525) – Vilar de Barrio, no Concello de Trasmiras. Esta obra, cun importe de adxudicación de 116.496,54 euros (IVE incluido), está a ser executada por Obras y Saneamientos Galicia, SL.

O presidente provincial, Luis Menor, visitou esta mañá estes traballos, onde tamén asistiron o alcalde de Trasmiras, Emilio Pazos; e a enxeñeira directora da Área de Infraestruturas da Deputación de Ourense, Marta Docampo. Menor comprobou a evolución dos traballos dunha obra, dixo, “fundamental para garantir a mobilidade segura entre Trasmiras e Vilar de Barrio”, e manifestou que esta actuación “exemplifica o espíritu da Deputación: o da cooperación efectiva cos municipios para mellorar a vida dos seus veciños e veciñas, aportando todo canto sexa posible para obras e servizos”.

Os traballos que se están a realizar consisten no ensanche da estrada OU-1104 Viladerrei – Vilar de Barrio, entre os puntos quilométricos 2+188 ó 2+874, ata conseguir un carril para cada sentido, entre dous tramos da estrada, xa ensanchados. Para elo, é necesario realizar escavación en desmonte en dous pequenos tramos, colocación de tubaxe de pluviais, pavimentación con formigón dun tramo de beiravía e o escarificado de todo o firme existente debido ao axuste da rasante. Finalmente, realizarase un novo afirmado con lastro de canteira, macadam e tripla rega asfáltica coa sinalización horizontal correspondente.

Relacionadas

A Deputación de Ourense propón no Congreso Internacional de Termalismo de Archena un “programa...

0
O presidente #Luis Menor solicitou a colaboración doutras administracións, vilas termais e instalacións balnearias para ofertar un volume suficiente de prazas “e así chegar...

O PP de Ourense pon en marcha a súa campaña con motivo do 25N...

0
● A vicesecretaria de Igualdade, Elena Freijedo, recalca que con esta acción, os populares ourensáns “queremos poñernos do lado das mulleres vítimas de violencia,...

A execución da senda peonil á altura do Parque Barbaña obriga ao traslado provisional...

0
O postos de venda ambulante instalaranse no entorno da Praza de Abastos - rúas Tras Alameda, e baixada da Praza a carón do Rianxo...

A Deputación aposta polo baloncesto veterano federado co Torneo DepOUbasKet Másters +35

0
Xogadores e xogadoras da provincia e convidados de toda Galicia disputarán no Pazo Paco Pac mañá sábado, 23 de novembro, esta nova cita da...

A Xunta pon de relevo nos XIII Premios de AJE Ourense a estratexia de...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a directora-xerente de...

A Xunta impulsa medidas pioneras para a retencion e a atracción de talento para...

0
— José González destaca a fortaleza, a perseveranza e o compromiso desta entidade ao longo do seu case medio século de traxectoria, poñéndoa en...

Publicacións Relacionadas