Home Ourense O Carballiño A Xunta pon de relevo casos de éxito do polo de emprendemento...

A Xunta pon de relevo casos de éxito do polo de emprendemento do Carballiño entre os arredor de cen proxectos que leva atendido

- Anuncio -

― A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, clausurou unha xornada en Castrelo de Miño onde tres persoas emprendedoras deron conta das súas experiencias de asesoramento no centro carballiñés

― No conxunto da provincia de Ourense, a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego leva acollido case 300 iniciativas no Carballiño, Verín e O Barco de Valdeorras, á espera de que se inaugure en breve un novo centro en Baños de Molgas

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, clausurou esta tarde en Castrelo de Miño unha xornada organizada desde o Polo de emprendemento e apoio ao emprego do Carballiño con casos de éxito entre os arredor de cen proxectos atendidos neste centro. Así, tres persoas emprendedoras deron conta das súas iniciativas e da súa experiencia de asesoramento nunha Rede que conta na provincia de Ourense tamén cos Polos de Verín e do Barco de Valdeorras, á espera de que abra en breve un máis en Baños de Molgas.

Elena Rivo puxo en valor a oportunidade da xornada de hoxe de crear sinerxías e redes de colaboración entre o tecido produtivo, os emprendedores e a Administración. Fixo fincapé en que a Rede de polos presta especial atención ao rural, apoiando os proxectos en calquera das fases en que se atopen, de principio a fin, co obxectivo de seguir xerando riqueza e emprego de calidade.

Na provincia de Ourense téñense atendido case 300 proxectos dos máis de 1.350 rexistrados en toda Galicia. Deles, o Polo do Carballiño aglutina arredor dun cento, a meirande parte deles pertencentes ao sector da hostalaría, seguida das actividades profesionais, científicas e técnicas, e do comercio.
Coas case cen persoas emprendedoras apoiadas no centro carballiñés -o 54% delas mulleres- realizáronse máis de 230 titorías. Así mesmo, leváronse a cabo máis de 30 reunións e unha ducia de accións entre formacións e eventos coma o de hoxe. Neste Polo están activos ademais cinco proxectos de remuda, co gallo de garantir a súa continuidade grazas ao interese de novos emprendedores nestes negocios.

Na xornada tamén se fixo referencia aos múltiples apoios dispoñibles por parte da Xunta de Galicia, como os 6,5 millóns de euros que se poden solicitar para apoiar o emprendemento por parte de autónomos, mutualistas, pequenas e medianas empresas, sociedades cooperativas e laborais, así como de empresas de inserción e centros especiais de emprego.
Tamén hai achegas para persoas traballadoras autónomas, incluída a cota cero coa que se financia ao 100% a cota reducida dos novos autónomos durante os 12 primeiros meses. En total, téñense convocado xa 86 millóns de euros dos máis de 100 millóns previstos para 2024 en axudas ao emprendemento e ao traballo autónomo.

Por último, neste capítulo tamén cabe lembrar o acordo do Consello da Xunta de hoxe, autorizando a sinatura dun convenio de colaboración coas tres universidades públicas galegas para desenvolver actuacións a prol do emprendemento. Entre elas, a celebración de feiras de apoio ao emprego e ao emprendemento nos sete campus e a creación de premios ao emprendemento universitario en cada unha das universidades.

Relacionadas

A Deputación apoia o labor de difusión da gastronomía ourensá no exterior liderada pola...

0
O presidente provincial, Luis Menor, pon en valor os produtos da terra como “os mellores embaixadores” da provincia A Deputación reitera o seu compromiso coas...

A Xunta publica a convocatoria de axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior

0
― O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a medida, que conta cunha dotación de 550.000 euros para que as ONGD galegas poidan canalizar...

Belén do Campo destaca o investimento de 319.500€ na mellora de infraestructuras rurais de...

0
 A delegada da Xunta avaliou cos alcalde esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como...

A Xunta reafirma o impulso da economía social como motor socioeconómico, destacando as 230...

0
José González pon en valor a aposta estratéxica do Goberno galego por fortalecer e impulsar a economía social como un motor de crecemento sustentable,...

A Escola da Auga da Xunta comeza a funcionar co reto de impulsar a...

0
Ángeles Vázquez explica que a iniciativa está aberta tanto a técnicos e funcionarios municipais como a persoal de empresas privadas, que poderán acceder a...

O Concello de Ourense externalizará a xestión e servizo do Complexo termal das Burgas...

0
O grupo de Goberno informou esta mañá nunha reunión de portavoces a externalización da xestión da xestión e servizo das Termas das Burgas coa...

Publicacións Relacionadas