Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación colaborará coa Asociación de Empresas Funerarias de Ourense coa fin...

A Deputación colaborará coa Asociación de Empresas Funerarias de Ourense coa fin de impulsar a visibilización do sector en Funergal

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, mantivo unha reunión de traballo coa directiva deste colectivo, presidida por Rubén Campo Fidalgo, onde se abordaron as liñas de cooperación da Deputación con esta asociación que aglutina pequenas empresas de carácter familiar de toda a provincia

O presidente provincial, Luis Menor, reuniuse esta mañá coa directiva da Asociación de Empresas Funerarias de Ourense, liderada por Rubén Campo Fidalgo. No encontro abordáronse as liñas de cooperación que desde a institución provincial se poden levar a cabo con este colectivo formado por pequenas empresas de carácter familiar.

Así, unha desas liñas abertas estará centrada na feira especializada Funergal, que se desenvolve en Expourense. “Ao tratarse dunha feira de carácter singular no seu ámbito e con gran relevancia estatal, desde a Deputación colaboraremos para impulsar a visibilización do sector nese estupendo escaparate”, explicou o presidente provincial, Luis Menor.

A Feira Internacional de Produtos e Servizos Funerarios, Funergal, desenvolverase do 16 ao 18 de maio e será o punto de encontro profesional do sector funerario para este 2024, reunindo aos empresarios de España e Portugal en torno ás últimas novidades do sector.

Relacionadas

O Concello pon en marcha unha nova edición do proxecto Convívere, con dez obradoiros...

0
As persoas interesadas poden inscribirse até o 16 de xaneiro A Concellería de Igualdade do Concello de Ourense inicia unha nova edición do Proxecto Convívere, con...

A Cabalgata de Reis de Ourense ocasionará cortes de tráfico o domingo pola tarde...

0
A celebración da Cabalgata de Reis 2025 de Ourense requirirá levar a cabo cortes de tráfico en varias rúas da cidade o vindeiro domingo,...

A Deputación organiza este sábado na Lama e Oia dous novos concertos do ciclo...

0
Dania Diva (na Lama) e o dúo formado por Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro (en Oia) ofrecerán dúas actuacións como parte do programa...

A Deputación pon a disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia...

0
Como novidade, os concellos poderán financiar investimentos de carácter plurianual, para seguir tendendo pontes de colaboración cos concellos e facilitar a execución de investimentos...

Luis López expresa os desexos da provincia para un “2025 extraordinario” cun vídeo no...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, expresa os desexos da provincia para o novo ano nun vídeo no que escribe a carta...

A Deputación leva o programa +Escénicas de novo a Forcarei coa función “Palabras” de...

0
A peza, para público familiar, poderá verse no auditorio de Soutelo de Montes o próximo sábado 4 de xaneiro ás 19:30 horas +Escénicas trátase dun...

Publicacións Relacionadas