Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia A Xunta pon en valor a implicación das oficinas de atención ás...

A Xunta pon en valor a implicación das oficinas de atención ás vítimas na loita contra o acoso e ciberacoso escolar

- Anuncio -

― O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, expuxo hoxe no evento ‘Xustiza dos coidados’ previo á conferencia sectorial da Administración de Xustiza as medidas da Xunta incluídas no ‘Plan Integral contra o Acoso e o Ciberacoso’


― As oficinas de atención ás vítimas inclúense como recurso dispoñible nos Puntos Laranxa que o Goberno galego está a distribuír para facilitar ao alumnado a comunicación destes casos

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, explicou hoxe en Palencia no evento ´Xustiza dos coidados´ a implicación das oficinas de atención ás vítimas (OAV) no Plan integral contra o acoso e o ciberacoso escolar impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades co obxectivo de previr, detectar e erradicar estes casos e prestar ás vítimas o apoio emocional que precisan desde o primeiro momento. Nesta liña, destacou a implicación das OAV na difusión do plan entre os órganos xudiciais.

No evento desta tarde, previo á Conferencia sectorial da Administración de Xustiza de mañá, presentáronse as iniciativas impulsadas polas comunidades coas competencias transferidas en materia de xustiza en materia da xustiza dos coidados. En concreto, trátase de poñer en común medidas relacionadas coa accesibilidade tanto física como noutros niveles por parte da cidadanía aos servizos xudiciais, sobre todo no caso das persoas con maior vulnerabilidade.

Na súa exposición, José Tronchoni explicou que ao abeiro do Plan integral contra o acoso e o ciberacoso escolar, a Xunta está a distribuír en centros educativos, espazos xoves e residencias xuvenís e de estudantes de toda Galicia máis dun milleiro de Puntos Laranxas.

Estes puntos contan cunha imaxe común e uniforme para que sexan perfectamente identificados e accesibles polo alumnado. Funcionan a modo de caixa de correo na que o alumnado pode comunicar ou denunciar, desde o anonimato, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran na súa persoa ou en terceiros. Ademais do formato físico, contan cunha versión virtual a través das webs de cada un dos centros educativos.
No que se refire á implicación das oficinas de atención ás vítimas neste eido, prevese a dotación de persoal especializado, a formación en materia de vítimas menores e a inclusión destes organismos como recurso dispoñible nos Puntos Laranxas. Ademais, na cartelería e dípticos dirixidos ao abeiro deste plan a máis de 1.300 centros educativos da comunidade, informase sobre as funcións, as fases de actuación e a maneira de contactar coas OAV.
Ademais, co obxectivo de que o profesorado coñeza o funcionamento destas oficinas e como deben atender e derivar a estes organismos ás vítimas e familiares cando se detecte unha situación de acoso ou ciberacoso escolar, organizaranse seminarios para o persoal docente en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e impartidos polo propio persoal das OAV.
O director xeral de Xustiza lembrou o traballo realizado pola Xunta na consolidación do modelo de atención asistencial a través das Oficinas de Atención ás Vítimas no ámbito da xustiza. Este sistema inclúe a intervención psicolóxica na que os profesionais da psicoloxía e de traballo social levan a cabo unha atención individualizada da vítima co obxectivo de posteriormente aplicar medidas de protección necesarias que minimicen os trastornos psicolóxicos e propoñer outras que garantan a protección da vítima durante todo o proceso xudicial.
O Goberno galego mantén o compromiso para dotar ás OAV dos medios persoais precisos, ademais de reforzar a formación dos profesionais que traballan nelas. Tamén se aprobou o ano pasado o protocolo de actuación sobre o seu funcionamento destas oficinas coa finalidade de prestar unha asistencia integral, coordinada e especializada ás vítimas como consecuencia do delito, con especial fincapé nas vítimas de violencia de xénero e outras vítimas especialmente vulnerables como os menores de idade ou as persoas de idade avanzada.

Relacionadas

A Xunta pon en valor o programa ‘Reencontros con Galicia’ para seguir reforzando os...

0
— Esta iniciativa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, ten como obxectivo facilitar o contacto dos galegos e...

A Xunta destaca que unha industria segura será máis produtiva, eficiente e máis competitiva

0
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, asistiu hoxe á 5ª xornada de Seguridade industrial do sector das minas onde...

A Xunta destaca a ampla traxectoria de Manuel Patinha con motivo da mostra retrospectiva...

0
Os conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participaron hoxe na inauguración da mostra...

Lete reivindica o ‘deporte para toda a vida’ tras o ouro individuao e por...

0
_Ten un recoñecemento especial para Jorge Crespo que acadou outro fito para Galicia coa medalla de prata na categoría Máster 40 O secretario xeral para...

A Xunta comprométese a continuar apoiando iniciativas de mellora para as persoas con transtorno...

0
A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, trasladou a Apacaf (Asociación de Pais con Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Centros...

A Xunta apoia un cento de actividades de fomento e impulso da economía social...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución desta orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, cun total de 23 entidades beneficiarias...

Publicacións Relacionadas