Home A Coruña Volven as actividades do programa Apego para fomentar a crianza en galego

Volven as actividades do programa Apego para fomentar a crianza en galego

- Anuncio -

O Concello de Santiago relanza o programa Apego con novas actividades que comezan neste mes de marzo para a socialización en galego de nenos e nenas entre 0 e 6 anos. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada da técnica do Departamento de Lingua, Marta Besada, deu conta en rolda de prensa das actividades deste programa que busca situar Compostela á “vangarda das políticas de promoción e defensa da lingua galega, sobretodo entre as crianzas”.

O programa Apego está dirixido a familias con nenos e nenas de 0 a 6 anos e a persoal das escolas infantís e ludotecas e ten como obxectivo o de potenciar a lingua galega a través da creatividade e a imaxinación e fomentar os valores da amizade e da cooperación a través de contos, de obradoiros e de espectáculos.

A alcaldesa detallou que en Santiago “hai 675 familias inscritas neste programa” e que a intención do Concello é continuar a “ampliar e atender o interese destas familias, con recursos en galego para xerar comunidade e tecer vínculos de socialización durante a primeira infancia”. Para Goretti Sanmartín, o importante é facer de Santiago “un espazo amigábel coa lingua galega” que estea á “vangarda de políticas de promoción e defensa da lingua galega, sobretodo entre as crianzas”.

A rexedora animou ás familias que están agardando un bebé ou que teñen crianzas de ate 6 anos e “que queiran que o galego forme parte da súa vida” a adherirse ao programa Apego a través da web apego.gal ou visitando o Departamento de Lingua Galega e recordou que coa inscrición recibirán como agasallo unha caixa de benvida con materiais diversos para fomentar a crianza en galego.

O Apego é un programa colectivo, que botou a andar en 2015 e en que participan nestes momentos 16 concellos, entre eles Santiago de Compostela.

Programación para o mes de marzo

O Programa Apego ofrecerá cada luns do mes de marzo de 17 a 19 horas ‘A lingua medra’, unha actividade na que se recrearán as diferentes situacións da vida a través do xogo, da experimentación e do coñecemento… Dirixida á cativada entre os 2 e os 6 anos, cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo ‘Merendolas’; a psicomotricidade será a guía en ‘Movéndonos con Apego’; ‘ Quen vén?’ traerá varios especialistas e a ciencia será a protagonista en ‘Experimentamos’.

Os martes será a quenda das “Tardes de contos” no Espazo Apego, de 17 a 18 horas para nenos e nenas de 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 horas para a cativada entre 3 e 6 anos. Será un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente conforme a unha temática mensual que no mes de marzo será a igualdade.

‘Enredando e lingoretando’ son as actividades de xogo para os mércores, tamén ás 17 horas no Espazo Apego. Trátase dun actividade de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado cuxo obxectivo é a socialización en galego a través da imaxinación e os valores da amizade e a cooperación. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

Un xoves cada quince días ofreceranse propostas de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos. “Saaabor!” é o espectáculo de Félix Rodríguez e Fran Rei (+ 3 anos) previsto para o xoves 7 ás 6 da tarde no Espazo Apego e “Este queixo queixolán”, de Pavís Pavós, (0-4 anos) será o xoves 21 ás 6 da tarde no Espazo Apego.

Inscrición

As familias interesadas poderán facer a inscrición no programa Apego na web apego.gal. Para a incrición nas actividades, pode facerse na mesma web apego.gal ou a través da web do Departamento de Lingua Galega. As actividades desenvolveranse no Espazo Apego, situado na rúa República do Salvador, 12 de Santiago de Compostela.

Relacionadas

Ribeira presenta unha Cabalgata máis inclusiva

0
Entramos xa na recta final das celebracións do Nadal e a cita máis agardada por todas e todos, especialmente polos máis cativos é a...

A Concellaría de Medio Rural inicia 2025 co primeiro Plan municipal de prevención e...

0
A concelleira de Medio Rural, Pilar Lueiro, realizou un balance das actuacións realizadas no último ano e que supoñen iniciar 2025 co primeiro Plan...

A Pobra reparte as últimas caramiñas para sortear nuns días a viaxe familiar a...

0
A época do Nadal xa está chegando ao seu fin e A Pobra do Caramiñal prepárase para despedi-la campaña Volta o Nadal, voltan as...

Francisca Simil, veciña da Pobra, cumpre 103 anos

0
O Concello da Pobra do Caramiñal comezou o 2025 felicitando a unha das súas veciñas centenarias: Francisca Simil Mariño. Para ela cada Aninovo é...

Laxe recibirá este domingo a visita dos Reis Magos de Oriente

0
• As súas Maxestades sairán ás 15:00 horas da Casa do Concello e farán un percorrido polas rúas de Laxe e as demais parroquias •...

Lorena Breijo, de Barallobre, e María Celia López, de Perlío, son as gañadoras do...

0
Vinte e dúas persoas participaron na I edición do Concurso de Decoración de Nadal que organizou a Concellería de Promoción Económica co obxectivo de...

Publicacións Relacionadas