Free Porn
xbporn
Home A Coruña Os clubs de lectura seguen a medrar en Carballo con dous novos...

Os clubs de lectura seguen a medrar en Carballo con dous novos grupos para rapazada e adolescentes

- Anuncio -

Este mes bota a andar o club para nenos/as de 7 a 12 anos e en abril arrincará outro para mozos/as de 13 a 17 anos

Din as estatísticas que España é un dos países europeos nos que menos se le, pero en Carballo estamos decididos a poñer o noso gran de area para que iso deixe de ser así.

Nestes momentos temos en marcha dous clubs de lectura, e pola gran acollida que tiveron ninguén diría que somos un país no que se le pouco, senón todo o contrario. O 8 de marzo arrincará o terceiro: un club de lectura en galego para nenos e nenas de 7 a 12 anos, que se encarga de dinamizar Sara Varela, mestra de educación infantil. As 15 familias participantes reuniranse o segundo martes de cada mes na Biblioteca Rego da Balsa para traballar arredor dos libros propostos dun xeito dinámico e lúdico. A primeira lectura será A lagoa das nenas mudas, de Fina Casalderrey. As prazas están cubertas pero, se queredes, podedes anotarvos para a listaxe de agarda no 981 758 580.

E para completar a oferta, en abril arrincará o club de lectura en galego para a mocidade, destinado a adolescentes de 13 a 17 anos. Os/as participantes reuniranse tamén o segundo venres de cada mes, ás 19.00 horas, e porán en común as súas impresións sobre os libros que vaian lendo. As sesións serán dinamizadas pola educadora social Ángela Criado. Os mozos e mozas que queirades sumarvos aínda estades a tempo. Chamade ao 981 758 580 e inscribídevos antes de que se esgoten as prazas!

A estes dous clubs de lectura impulsados desde a Concellaría de Normalización Lingüística, Bibliotecas e Arquivos súmanse outros dous dirixidos a maiores de 18 anos. Na Biblioteca Rego da Balsa reúnense de xeito quincenal as persoas participantes no club de lectura en galego e castelán que dirixe a xornalista e escritora Marta Villar. As vinte prazas están cubertas desde o primeiro día, e son moitas as persoas que veñen repetindo un ano tras outro.

Este ano engadimos un segundo club de lectura para persoas adultas, neste caso centrado en obras en galego, que dinamiza a libreira e blogueira Belén Edreira. Neste caso, o punto de encontro é o Museo de Bergantiños, no que se celebrou este venres unha nova sesión, moi participativa, na que se falou do libro Flores de ferro, da larachesa María Rei. O próximo será Aqueles dias en que eramos malas, de Inma López Silva.

Relacionadas

COGAMI ofrece atención especializada ás mulleres con discapacidade

0
COGAMI dispón dun Servizo de Atención Especializada para Mulleres con Discapacidade co que busca abordar as diversas necesidades que presenta este grupo social, prestando especial...

Presentación das Festas de Santa Uxía 2024

0
Hoxe tivo lugar o acto de presentación das Festas da Patroa de Ribeira na que se personaron, o tenente de Alcalde, Vicente Mariño, o...

O Concello de Boqueixón inicia as obras de mellora dos accesos a Loureda, nos...

0
O Concello de Boqueixón vén de iniciar as obras de mellora dos accesos ao lugar de Loureda, nas que vai investir 68.906,12 euros. Uns...

O Servicio Municipal de Conciliación conta no verán con 124 usuarios

0
Durante o curso escolar volverá funcionar o servizo Madruga, ademais do de Canguraxe que se oferta durante todo o ano. O servizo municipal de conciliación...

A Xunta investiu máis de 2,6 millóns de euros na mellora da subministración de...

0
— As obras para incrementar a captación de auga do río Mandeo e optimizar a rede de abastecemento municipal benefician ás empresas da zona...

O PP de Culleredo solicita un pleno extraordinario para depurar responsabilidades pola irregular xestión...

0
∙ “É a nosa obrigación velar polo bo uso dos fondos públicos e polo cumprimento das leis, e está claro que este goberno cometeu...

Publicacións Relacionadas